menú
fibra-optica-xinzo

Fibra óptica en Xinzo: cobertura e como contratar

24/08/2022
Blog R

Os romanos crían que o río Limia era o río Lete, e que se entrabas nel esquecías todo o teu pasado, entre outras cousas. Pero, unha vez vivido, resulta moi difícil non lembrar o Entroido de Xinzo. Teñamos en conta que o Entroido é a festa enxebre de Galicia por antonomasia, sobre todo na provincia de Ourense; e Xinzo celebra o máis longo de toda España que, por certo, xa se converteu en Festa de Interese Turístico Internacional.
De interese máis local para os limiaos tamén é saber que agora contan coa mellor oferta de fibra e tarifas de móbil de Galicia: a de R.

 

A fibra máis completa para o Entroido máis vivo

Agora, con R, en Xinzo de Limia gozan da fibra simétrica máis potente. Xúlgao ti mesmo/a:
A rede de fibra máis segura: en R preocúpanos a túa seguridade. Non podemos garantila se vas ao Entroido de Xinzo sen disfrace, pero si mentres navegas grazas ao mellor protocolo de seguridade que ofrece a nosa máis moderna tecnoloxía.
Os primeiros en chegar: do mesmo xeito que o Entroido de Xinzo empeza varias semanas antes que os demais entroidos, a nosa fibra vai tamén moi adiantada. Queremos que a nosa fibra óptica de alta velocidade chegue a alcanzar os 10Gb simétricos. Agora mesmo, xa levamos 1Gb a clientes/as particulares. Un pouco máis e múltannos por exceso de velocidade.
Despídete do lag: se xogas a videoxogos, saberás do que che falamos; estamos conectados aos mellores servidores de gaming.
Netflix, Prime Video…: grazas ao deco 4K con Android TV podes converter calquera pantalla á que o enchufes nunha fantástica Smart TV con conexión a internet e ás mellores plataformas de vídeo baixo demanda con calidade 4K.

Engade xigas ilimitados á túa oferta de fibra en Xinzo

En Xinzo nunca se conformaron cun entroido calquera, por iso o seu interese vai máis aló das nosas fronteiras. O mesmo ocorre coas nosas tarifas de móbil. Por que conformarte coa mellor fibra cando podes ter a mellor fibra e a mellor tarifa de datos móbil 5G con xigas ilimitados?

 

Cambia ou contrata fibra e móbil en Xinzo de Limia

A cousa é moi sinxela: ti chámasnos, nós imos cando queiras en un intre tes a túa internet de altísima velocidade funcionando. Tamén podes ver as nosas tarifas de fibra e móbil dispoñibles en Xinzo na nosa web.
E, se es cliente/a de R, despreocúpate de todo porque xa te chamamos nós en canto a nosa rede fibra MAX estea na túa zona. Fácil, sinxelo e para toda a familia. Como o Entroido.

Cobertura de fibra óptica en Xinzo de Limia

Xinzo conta arestora coa mellor rede de fibra óptica do mercado para lles dar aos seus habitantes un servizo de ultimísima xeración. De feito, chegamos xa a uns 5.500 fogares e empresas.
Deste xeito, a mellor fibra ata o fogar (FTTH) e a mellor televisión 4k pode gozarse en gran parte do municipio. E moi pronto chegaremos aínda a máis xente.

Xinzo, un Entroido para os cinco sentidos

Xinzo e o Entroido son inseparables. As rúas teñen ambiente festivo e carnavalesco a maior parte do ano e a festa está tamén moi presente na súa gastronomía típica. Non perdas esas empanadas e doces únicos que se esconden tras as pantallas, os disfraces e a música de gaitas e pandeiretas. Se mesmo ten un museo propio: o MUGAE – Museo Galego do Entroido!
Tamén podes optar por visitar as súas moitas igrexas románicas, como Santa María de Xinzo, do século X, ou Santo Tomé de Morgade.
Se exploras os seus arredores, descobres, por exemplo, as ruínas do mosteiro de Trandeiras.
Xinzo de Limia es un espacio natural e etnográfico privilexiado, a medio camiño entre Galicia e Portugal, que agora dispón tamén da nova fibra ata o fogar de R.

Imaxe de: Concello de Xinzo

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.