menú
fibra_optica_verin

Fibra en Verín: cobertura e como contratar

19/10/2022
Blog R

Terra de viño e mananciais, a localidade ourensá de Verín merecía dispoñer da mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados de R, non cres?

Porque en Verín xa contas coa mellor rede de fibra óptica ata o teu fogar. Isto permíteche gozar de numerosas vantaxes, como velocidade simétrica e unha conexión da internet máis estable.

 

A mellor oferta de fibra en Verín

Queres navegar rápido? Converterte no supercampión ou supercampioa dos videoxogos? Es un/a “seriéfilo/a” insaciable?

O que necesitas é a nosa rede de fibra ultrarrápida. Contámosche as súas vantaxes:

Ata 10Gb de velocidade de internet e, ademais, simétricos. Unha conexión 4 veces máis rápida que a doutras fibras. De momento, os/as usuarios/as particulares xa contan cun 1Gb, pero está preparado para alcanzar os 10 Gb.

Mellor cobertura e velocidade. Esteas onde esteas, navega coma se aínda seguises á beira do teu router. Diso ocúpase o noso sistema wifi 6 de 16 antenas.

Lag free. É dicir, que non vas perder nin unha soa partida por problemas de latencia ou ping grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming.

Deco Android 4K. Para que vexas con total resolución e captes ata o último detalle das mellores películas e series, convertendo a túa pantalla nunha Smart TV con acceso ás mellores plataformas de streaming en 4K.

Suma xigas ilimitados á túa oferta de fibra

Aínda hai máis. Se contratas tamén o teu móbil con R podes gozar da mellor tarifa de datos ilimitados. Porque engadimos por defecto chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.

Outra gran vantaxe é que incorporamos cobertura 5G, para que navegues aínda máis rápido alí onde estamos a despregar esta nova tecnoloxía móbil.

Unindo fibra e móbil nunha mesma factura, gañas en comodidade e aforras diñeiro.

 

Queres contratar ou cambiar a fibra MAX?

Se aínda non es cliente/a de R, fai unha chamada ou contacta connosco a través da nosa web.

Se xa es cliente/a, chamarémoste en canto a rede estea dispoñible. Quedamos contigo e achegámonos ao teu domicilio para instalarche os nosos equipos de forma gratuita, e que empeces a gozar das vantaxes de fibra MAX canto antes.

Fácil e rápido, como nos gusta en R.

Cobertura de fibra en Verín

A fibra óptica ata o fogar (FTTH) de R chega xa en Verín a unhas 6.000 vivendas e negocios. E tras as tarefas de mellora, aínda serán moitas máis.

Queremos ser o operador con máis cobertura propia na túa localidade e non pararemos ata conseguilo.

Verín, terra de viño e mananciais, sen esquecer o seu Entroido

Verín está situado a beiras do río Támega.

Coa próxima localidade portuguesa de Chaves forma a chamada “Eurocidade da auga”, unha das maiores concentracións de mananciais termais de Europa.

En Verín, un dos máis destacados é o Manancial de Cabreiroá, descuberto no século XIX e famoso polas súas augas naturais medicinais.

En canto ao seu patrimonio, destaca a impoñente fortaleza de Monterrei. É a maior acrópole de Galicia e conta con tres recintos amurallados e edificacións como o pazo dos Condes, a Torre da Homenaxe e a das Damas ou o Hospital de Peregrinos.

Se falamos da súa paisaxe, cita indispensable é o Parque Natural do Invernadoiro, o único de Galicia no que non hai poboacións humanas.

En Verín tamén saben de festas. E hai unha que lles gusta especialmente: o seu Entroido, declarado Festa de Interese Turístico Nacional, e protagonizada polos populares “cigarróns”.

No verán, a súa cita máis destacada é a Feira do Viño. Un evento icónico nunha localidade repleta de viñedos e adegas con fantásticos caldos con Denominación de Orixe de Monterrei.

E entre balnearios, fortalezas e suculenta gastronomía, Verín avanza na súa modernización tecnolóxica da man de R e a súa rede de fibra ultrarrápida, a máis moderna do mercado.

Imaxe de: Eurocidade Chaves-Verín.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required