menú
fibra_optica_sarria

Fibra óptica en Sarria: cobertura e como contratar

23/09/2022
Blog R

En Sarria, parada obrigada do Camiño de Santiago, non podía faltar a rede de fibra máis avanzada do mercado. Agora xa podes contratar a mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados de R.

 

Vantaxes da nosa oferta de fibra óptica en Sarria

Velocidade, cobertura, seguridade… Segue lendo e faltarache tempo para chamarnos 😉

Máis cobertura e calidade con wifi 6: ata 4 veces máis cobertura a través das súas 16 antenas e máis seguridade grazas ao uso de protocolos innovadores.

Unha conexión de 10Gb simétricos: a navegación máis rápida e coa mesma velocidade de subida e baixada. Agora mesmo xa levamos 1Gb aos nosos clientes/as particulares, pero o noso obxectivo é chegar aos 10Gb. E esta nova rede está preparada para dalos.

• O teu é o xogo en liña? Pois saberás o molesto que resulta o lag. A nosa rede de fibra está conectada aos mellores servidores de gaming, así que ese atraso xa é historia.

Deco 4K co que podes converter calquera pantalla nunha Smart TV e sentar a gozar dos teus contidos favoritos de Netflix ou Prime Video, por exemplo.

E, ademais, suma xigas ilimitados en Sarria

Se ademais queres tarifa de móbil, terás xigas ilimitados, mellores prestacións e as vantaxes da tecnoloxía 5G. Todo reunido na mesma factura, máis cómodo e rápido.

En todas as nosas tarifas incluímos por defecto conexión a 5G. Non terás que pagar nada máis. Se na túa zona contamos con cobertura 5G e o teu móbil está adaptado a esta tecnoloxía, xa navegarías con ela.

 

Queres cambiar ou contratar fibra en Sarria?

Se aínda non es cliente/a, chámanos ou consulta a nosa web para coñecer todos os detalles da nosa oferta.

E se xa o es, máis fácil aínda. Nós contactaremos contigo cando fibra MAX estea dispoñible na túa zona e xa concertamos cita para instalarche o router.

Cobertura de fibra óptica en Sarria

Sarria xa goza da máis moderna rede de fibra óptica do mercado con despregadura de fibra ata o fogar (FTTH) e conexión simétrica.

Nestes momentos son máis de 7.000 os fogares e negocios de Sarria conectados. E serán moitos máis cando terminemos as nosas tarefas de mellora da rede.

Sarria, unha vila medieval en pleno Camiño de Santiago

Sarria está situada no quilómetro 114 do Camiño de Santiago Francés. Unha vila medieval con monumentos como o mosteiro da Magdalena, do século XIII; Vila Andrea; a igrexa de Santa Mariña e a súa praza O Chanto; ou o paseo do Malecón, unha ruta peonil dentro da contorna urbana aderezada con muíños como o de Ponte Ribeira e o do Toleiro.

Paseando polas súas rúas atoparás casas ilustres e hospitais de peregrinos/as, como o de Santo Antón Abade, que reflicten o rico patrimonio e historia do lugar.

Para gozar das mellores vistas de Sarria, achégate ao Miradoiro do Cárcere.

Se che apetece camiñar, tes rutas como a Foz das Aceas, con cinco presas, catro muíños e unha fervenza; ou a de Fiz Vergara Vilariño, dedicado á figura do egrexio escritor galego.

E non marches de Sarria sen visitar o seu senlleiro Museo do Pan.

Esta vila xacobea que leva acollendo peregrinos/as dende a Idade Media asómase agora ao futuro coa rede de fibra máis avanzada de Galicia.

Imaxe de: Turismo de Sarria.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.