menú
fibra-optica-ribadeo

Fibra en Ribadeo: cobertura e como contratar

21/12/2022
Blog R

No extremo oriental da costa de Lugo, e á beira de Asturias, está Ribadeo. O municipio no que se atopa unha das praias máis famosas, a Praia das Catedrais, e que conta coa rede de fibra máis rápida do mercado, a de R.

Agora, se vives en Ribadeo, xa podes contratar a mellor rede de fibra óptica ata o teu fogar ou ata o teu negocio.

 

Cales son as principais vantaxes da fibra de R en Ribadeo

A nosa fibra está preparada para ofrecerche ata 10 Gb de velocidade simétrica. É dicir, unha conexión coa mesma velocidade de subida que de baixada e ata 4 veces máis rápida que a doutras fibras. De momento, xa estamos a dar 1 Gb aos nosos clientes particulares pero a nosa oferta conta con máis vantaxes. Segue a ler.

  • Mellor velocidade e cobertura. Un sistema wifi 6 de 16 antenas para que poidas navegar á maior velocidade aínda que non esteas á beira do router. E con total seguridade grazas ao protocolo sen fíos WPA3.
  • Sen retardos: lag free. A nosa fibra ten conexión directa cos principais servidores de gaming e plataformas como twitch para que o retardo sexa mínimo.
  • Con deco Android 4K incluído. Un decodificador co que poderás ver en altísima calidade as mellores películas e series de plataformas como Netflix ou Prime Video e converter a túa pantalla nunha auténtica Smart TV. Ademais, grazas ao seu sistema operativo Android poderás descargar aplicacións.
  • Engade móbil á túa oferta de fibra

    Se tamén contratas o teu móbil con R dispoñerás da mellor tarifa de datos ilimitados, con chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.

    E para que navegues aínda máis rápido poderás dispoñer das vantaxes da tecnoloxía 5G alí onde xa teñamos despregada esta nova tecnoloxía móbil e sempre que o teu teléfono sexa compatible.

    A final de mes, fibra e móbil nunha mesma factura. Máis sinxelo, máis práctico e, ademais, aforrando.

     

    Como contratar ou cambiar a fibra MAX

    Tanto se es cliente coma se aínda non te decidiches, é fácil e rápido.

    Se xa es cliente/a, chamarémoste en canto a rede estea dispoñible na túa zona. Concertamos unha cita contigo cando mellor che vaia e achegámonos ao teu domicilio para instalarche os nosos equipos de forma gratuíta.

    Se aínda non es cliente/a de R, infórmate, chámanos ou contacta connosco/as a través da nosa web. Calquera dúbida, estaremos encantados/as de axudarche a resolvela.

    Cobertura de fibra en Ribadeo

    Xa hai unhas 5.000 vivendas e negocios en Ribadeo que están a aproveitar a nosa oferta de fibra MAX.

    Se aínda non chegou á túa zona, non te preocupes. Queremos ser o operador con máis cobertura propia en Ribadeo, así que seguimos traballando niso para que cada vez máis veciños poidades acceder á rede de fibra máis moderna do mercado.

    Ribadeo e a Praia das Catedrais

    A Praia das Catedrais converteuse no lugar máis recoñecido deste municipio da Mariña de Lugo, o máis oriental, e separado da veciña Asturias polo río Eo.

    Pero Ribadeo é moito máis. O seu centro histórico foi Declarado Ben de Interese Cultural.

    Ao longo da historia, en Ribadeo conviviron fidalgos e comerciantes con mariñeiros e artesáns e no seu núcleo urbano mestúranse palacios con construcións sinxelas e tradicionais.

    Do seu variado patrimonio histórico e artístico destacan o palacio neoclásico de Ibáñez, o Pazo de Cedofeita, a Torre dos Moreno e a Capela da Atalaia do S. XII.

    Arquitectura indiana e sabor a mar

    Mención especial merece o “Barrio Indiano de San Roque”, que concentra o maior número de “Casonas Indianas”, construídas por emigrantes retornados de América e caracterizadas polas súas vivas cores e elegantes decoracións.

    Fóra do centro urbano, son parada obrigatoria Rinlo, co seu porto e a súa rica gastronomía, e o Faro de Illa Pancha, hoxe convertido en establecemento hostaleiro.

    En Ribadeo non podía falta a conexión da internet máis rápida e moderna do mercado, a de R, a mellor maneira de que os/as ribadenses compartan co mundo os seus moitos atractivos.

    Imaxe: Turismo de Ribadeo.

    subscríbete ao boletín
    recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
    * This field is required