menú
fibra_optica_galicia

Fibra óptica en Galicia: cobertura e como contratar

16/09/2022
Blog R

En Galicia temos praia, montaña, illas, portos, monumentos, artesanía, festas, marisco, viño… Difícil acordarnos de todos os atractivos da nosa terra galega. E case tan difícil é contarvos todas as vantaxes da oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados de R.

 

A mellor oferta de fibra en Galicia

En R traballamos día tras día para levarche a mellor conexión de fibra alí onde esteas.

E xa chegamos a un feixe de lugares: Carballo, Narón, Arteixo, Vilagarcía, O Barco de Valdeorras, A Coruña, Lugo, Ourense… Estamos en case todos os municipios galegos e, dentro deles, en localidades máis pequenas. Non podemos citalas todas; quedaríanos unha listaxe moi grande que, ademais, medra continuamente. Porque non imos parar ata levar a nosa rede a todo recuncho galego que imaxines. Intentarémolo todo para que Galicia quede completamente cuberta coa nosa fibra, coa mellor fibra.

Vantaxes de contratar a fibra de R en Galicia

Estudas ou traballas? Navegas ou xogas? Sexa cal sexa a túa opción, a fibra de R farache a vida máis fácil. Toma nota:

Ata 10Gb de velocidade, e simétricos: coa mesma velocidade de subida que de baixada, a rede de R permite navegar ata catro veces máis rápido que as demais. Xa lles ofrecemos 1 Gb aos nosos clientes particulares pero o noso obxectivo é chegar aos 10 Gb.

Cobertura wifi ampla e segura: grazas á tecnoloxía wifi 6 universal que poñemos ao alcance dos nosos clientes, dá igual se estás pegado/a ao router ou no soto da túa casa, poderás gozar da conexión wifi máis segura e sen interferencias. É posible porque selecciona de forma intelixente a banda con mellor calidade en cada momento.

Despídete do lag e do retardo. Atopamos a solución para que teñas a mellor experiencia xogando en liña: estar conectados/as aos principais servidores de gaming.

Deco 4k. Converte a túa tele en Smart TV grazas ao noso decodificador Android 4K. Poderás descargar apps e acceder ás túas plataformas favoritas, como Netflix ou Prime Video, con só pulsar un botón. Que serie ou peli é a seguinte na túa listaxe?

Suma xigas ilimitados para o teu móbil

E se ademais contratas a túa tarifa de móbil con R e gozas de xigas ilimitados? Con tripla cobertura e tecnoloxía 5G, para que nunca che falte a conexión no momento que máis o precises.

Ademais, ao combinar todo na mesma factura consegues o mellor prezo e aforras cartos.

 

Cambia ou contrata fibra e móbil en Galicia

Sinxelo e rápido. Se aínda non es cliente/a, só tes que chamarnos ou entrar na nosa web.

E se xa formas parte da familia R, chamámoste nós sen ningún custo. Concertamos hora e lugar e aí estaremos, cambiando o router e levándoche as tarxetas de móbil novas para que poidas estrear canto antes o teu flamante deco Android 4K e gozar dos teus contidos favoritos de plataformas como Netflix ou Prime Video.

Galicia, conectada á rede de fibra máis rápida do mercado

Moitos/as galegos/as xa gozamos da maior rede de fibra óptica ata o fogar (FTTH), á que lle sumamos a televisión 4K e podemos engadir datos ilimitados para o móbil.

En concreto, estes son os fogares e empresas que a día de hoxe xa contan con cobertura da nosa rede. Detallámosvolo por provincias:

A Coruña: máis de 680.000
Lugo: máis de 200.000
Ourense: por encima dos 215.000
Pontevedra: chegando aos 525.000

Galicia, terra de tradición e patrimonio mirando ao mar

Non podemos falar de Galicia sen falar de mar e de terra.

Porque Galicia non se entende sen as nosas praias, dende as Rías Baixas e as idílicas illas Cíes á Mariña de Lugo ou a súa archiconocida Praia das Catedrais, ou sen a costa escarpada da Costa da Morte e o seu emblemático Faro de Fisterra.

Nin sen eses portos aos que seguen chegando cada día os nosos pescadores e dos que saen eses peixes e mariscos que nos envexa medio mundo 😉 Nin sen esa identidade galega tan vinculada á terra, ás raíces e ao mundo rural. A un interior repleto de prados, ríos, bosques e “verde”.

Somos de romarías, queimadas e festas gastronómicas.

Coidamos dos nosos pobos e cidades. Neles temos tesouros patrimoniais como a Catedral e o centro histórico de Santiago, as murallas de Lugo ou a Torre de Hércules.

E sen deixar de ser fieis á nosa historia e á nosa identidade encaramos o futuro e a innovación e apuntámonos á tecnoloxía de rede máis punteira e á mellor conexión da internet do mercado: a fibra óptica simétrica de R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

10 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Androito di:

    Vaya, me entero ahora que R desarrolla tecnologías y que es cosa suya el standar wifi 6…!!! Lo que hay que leer, madre del amor hermoso.

  2. Xurxo di:

    Me gustaría saber cuando está previsto proceder a instalar la fibra Max en o Grove.

  3. Androito di:

    R dixit: “Cobertura wifi amplia y segura: gracias a nuestra tecnología wifi 6 universal ”

    Tal como está redactado lo que se da a entender que es un sistema propio, la forma de decirlo sería por ejemplo ” gracias a la tecnología wifi 6…” O ” gracias al router de última tecnología…”

  4. xoan garcia di:

    hace quince días vinieron a instalar la fibra. Tras cuatro horas, el operario se vio incapaz de meter el cableado por la guía. En esa guía está el cable actual de R, instalado hace unos 20 años, el del teléfono(que desde ese día ha dejado de funcionar) y el cable de la antena exterior. Parece lógico quitar el cable actual de R y el del teléfono, y poner la fibra. Parece que hace falta un gel especial y según el operario un antenista.consultando con R la situación, me dicen que está pendiente de que “el propietario haga las obras”.¿¿??. Entiendo que no me corresponde efectuar ninguna actuación sobre vuestro cableado. Por favor, espero respuesta y una solución, preferentemente en forma de un operario con los conocimientos y el material adecuado para efectuar la operación. Estoy sin teléfono fijo y con cables a la vista (la fibra que está hasta mi piso, en una esquina).
    ¿instalan o no instalan la fibra óptica?¿se desentienden de los clientes?

  5. José Diz Lamas di:

    Estoy apuntado en fibra max, pero tengo entendido que de momento en Ferrol no está previsto el poner la fibra, es cierto eso?
    Gracias.