
Fibra óptica en Santiago: Compostela xa goza da rede máis rápida de Galicia
Hai séculos Galicia estaba conectada con Europa a través do Camiño de Santiago. Hoxe Santiago está conectada con Europa grazas á rede de fibra óptica máis avanzada do mercado. Se vives aquí xa podes contratar a mellor oferta de fibra e tarifas móbiles con xigas ilimitados grazas a R.
Fibra óptica como unha choiva de estrelas
A rede máis moderna a nivel tecnolóxico de R ofrece todo o que podes necesitar: Máxima velocidade de navegación, datos móbiles, chamadas ilimitadas, televisión 4K… Igualiño que no século XII, vaia.
- O peregrino máis rápido: chega dende Roncesvalles ata Santiago nun abrir e pechar de ollos coa nosa fibra que acada os 10 xigas simétricos, catro veces máis que outras fibras.
- Un horizonte infinito: o wifi de R non chega dende o teu router ata Finisterre, pero non está moi lonxe de conseguilo. Coa nosa tecnoloxía wifi 6 podes conectarte ao último recuncho da casa de forma rápida e segura.
- Non é unha carreira, pero se o fose, gañarías: a tecnoloxía de R foi deseñada para satisfacer calquera necesidade que poida xurdir, polo que nos conectamos aos mellores servidores gaming para garantirche unha experiencia sen lag.
Ademais, se queres ver Netflix dende un televisor dos anos 80, poderás grazas ao deco Android 4K que che permitirá converter ata o dispositivo máis antigo nunha Smart TV moderna con acceso ás mellores aplicacións de VoD nunha resolución moito maior á FullHD.
Engade xigas ilimitados á túa oferta de fibra
O Camiño de Santiago é unha viaxe longa, e todos sabemos o difícil que pode ser quedar sen datos. Por este motivo, contrata tamén a túa tarifa de móbil con R para gozar de xigas ilimitados con cobertura triple e 5G, e que o teu GPS funcione en todo momento e consigas o mellor prezo combinando todo na mesma tarifa.
Cámbiate ou contrata fibra e móbil en Santiago
Tanto se xa estás connosco como se vés doutra compañía, quixemos asegurarnos de que este cambio non sexa un via crucis. Se xa es de R, chamarémoste en breve e antes de que poidas darlle unha aperta ao Apóstolo xa terás o teu equipo novo de forma totalmente gratis. Se aínda non es de R, tes que chamarnos, pero para o resto, todo é igual de sinxelo.
Ou, en calquera dos casos, podes facelo a través da nosa web.
Cobertura de fibra óptica en Compostela
A rede de fibra óptica máis grande en Santiago de Compostela xa é unha realidade. E non estamos de broma. Implementamos un servizo de fibra ata o fogar (FTTH) simétrica de alta velocidade en máis de 40.500 fogares e empresas. Pero non estamos satisfeitos con este número, e seguiremos traballando para conseguir a total cobertura das vivendas e comercios de Compostela canto antes.
Santiago, o centro de Europa
Hai moitos anos Santiago de Compostela reuniu habitantes de toda Europa baixo o seu teito de estrelas. O Camiño converteuse nun fervedoiro cultural que fixo da cidade un mosaico de estilos arquitectónicos sintéticos e únicos.
A súa catedral de corazón románico, por exemplo, está revestida de fachadas barrocas e neoclásicas, con decoracións de estilo gótico e renacentista que cristalizaron de forma máis visible no Hostal dos Reis Católicos. A Praza do Obradoiro, a máis famosa de Santiago, reúne nos seus límites as diferentes épocas da cidade, mentres que as súas rúas amosan detalles únicos que moi poucas outras cidades teñen.
Pero non é só unha cidade do pasado: edificios coma a Facultade de Ciencias da Comunicación, o Centro Galego de Arte Contemporánea ou a Cidade da Cultura, sumados á internet de máis alta velocidade, fan de Santiago de Compostela unha capital do futuro.
3 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Lo de que es la más rápida de dónde lo sacais, que sois trekis y vais a velocidad de curvatura¿? Aun no teneis la red migrada y ni hay datos comparativos de velocidades entre operadores y venis con la tontería de la velocidad. Ya no hablemos en zonas donde la fibra la dais a través de Movistar, orange o el que toque donde no teneis la red propia, que no creo que a día de hoy sea ni un 45%
Como diría Mel Brooks, velocidad absurda
Hola, Paco.
Cuando indicamos que es la red más rápida de fibra óptica de Galicia nos basamos en la tecnología XGS-GPON utilizada en la nueva red Fibra Max que estamos desplegando frente a otras redes de fibra.
Por otra parte, en cualquiera de las redes de fibra por las que prestamos servicio actualmente seguimos garantizando como mínimo el 80% de la velocidad de conexión contratada cuando esta se realiza a través de cable ethernet.
Un saludo.
Pero es que todas las redes que se están desplegando tienen la tecnología xgspon, no es exclusividad de R. Cualquier operador puede ofrecer la misma velocidad que ofrezcais vosotros, de hecho algunos ya ofrecen accesos de 2 y 10 gigas el algunas zonas, R que yo sepa de momento solo ofrece 1, entonces pregunto de nuevo, ¿ En qué os vasais para anunciar vuestra red como la más rápida? Decirlo es sencillamente faltar a la verdad, al menos hasta que presenteis estudios que demuestren la capacidad de vuestra red y las velocidades medias alcanzadas comparadas con las del resto de operadores para poder decir que sois los más rápidos.