menú
R conecta más viviendas y empresas de Vilagarcía de Arousa

R conecta máis vivendas e empresas de Vilagarcía de Arousa

27/05/2021
Blog R

O municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa conta con 60 novos fogares e negocios do núcleo da Torre conectados ás redes avanzadas de R. Grazas ao operador galego, todos eles poden desfrutar xa de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e doutros servizos de telecomunicacións de última xeración.

500 megas

R vén de rematar arestora un treito dos traballos de despregadura de rede neste concello da bisbarra do Salnés, aproveitando ao máximo as infraestruturas municipais do novo núcleo incorporado. Coa recente conexión destes 60 novos inmobles da zona da Torre a cifra de residencias particulares e empresas conectadas á rede de R achégase a 17.000, tendo en conta todos os inmobles vilagarciáns que o operador galego foi incorporando á súa infraestrutura dende hai máis de dúas décadas (á marxe do Plan Avanza).

No contexto do devandito plan do Ministerio a previsión fala de 512 inmobles máis a peche de 2021 repartidos nos núcleos da Torre, Guillán e A Caldiguela, co que Vilagarcía comezaría 2022 con arredor de 17.580 inmobles (Avanza + resto de despregaduras a maiores do plan) preparados para recibir todos os servizos avanzados de telecomunicacións de R.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Esta e outras actuacións de extensión de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxesen de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ están sendo subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, esta última despregadura en Vilagarcía, no núcleo da Torre, encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. Un segundo proxecto fala igualmente da despregadura de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 196 núcleos de municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvólvese en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destínase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€.

65.000 fogares e negocios conectados a peche de 2021

Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital.

A estes traballos hai que lles unir as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para achegarlles tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están en fase de comercialización, ás redes de nova xeración de R.

Deste xeito, ao remate dos dous plans, preto de 65.000 novas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R ten chegado por vez primeira coas súas redes de nova xeración a Vilagarcía de Arousa e tamén a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos municipios do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía e Ponte Caldelas.

Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.

Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Concello de Vilagarcía de Arousa.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

13 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Roberto di:

    Esto está llegando a un punto que es insostenible, en Febrero me han subido la cuota 2 € más en el móvil, ahora informáis en la factura de una nueva subida de 2 € el combo que le cambiáis el nombre y pasa a llamarse TvFamilia+ y me decís que (“Tu nueva opción de TV es incompatible con los descuentos de las opciones antiguas de TV, ya que éstas se descatalogan”) … pero si he llamado miles de veces y no me dejáis NUNCA cambiar de combo, no me dais ni esa opción, y estar pagando 90€ es abusivo (cuando los nuevos después de la promo pagan 79 €).

    Por cierto tb suben las tarifas del móvil (otra vez).
    Adiós R

  2. Avatar Roberto di:

    Enhorabuena Vilagarcía, que grandísima noticia, R a parte de funcionar muy muy bien y nunca colgarse jamás hacen 3 subidas de precios en 1 año como otros operadores.
    Bienvenidos al maravilloso Mundo R.
    Mensaje con total reconocimiento de halagos a esta empresa, porque si escribes algo siendo cliente en contra (respetuosamente) directamente lo borran y se quedan tan anchos

  3. Avatar Emilio di:

    Bueno, he tenido R en casa desde el principio, desde que llegó a Vilagarcia , siempre he querido ayudar al desarrollo de una empresa gallega, pero ya no es posible. Primero fue en mi negocio, tener 50 MB y un fijo y pagar mas de 50€ ya me pareció excesivo, y ahora, años después en mi hogar. Lo siento pero se acabó, los precios que tenéis están completamente fuera de mercado y por lo tanto me voy a otro lado, siento que de alguna manera he ayudado a que una empresa gallega vaya hacia adelante y ahora cuando las cosas se ponen dificiles para nosotros nadie nos ayuda, siempre ofreciendo ofertas a los que llegan, nunca a los que ya somos clientes desde hace años, eso me recuerda a Timofonica, cuando me di de alta en R dije que no volveria aunque fuera gratis y ahora vosotros segíis el mismo camino, espero que os vaya bien a los empleados. Por mi parte se acabó, me voy.

    • blog R blog R di:

      Hola, Emilio.

      Lamento, de veras, lo que me comentas y que hayas tomado esta decisión.

      Desconozco tu caso y si has contactado ya con mis compañeros de fidelización (en el 1449 opciones 4-4) para consultar tus opciones de contratación y poder ajustarlas a tus necesidades. Si quieres, puedes enviarme tus datos al correo electrónico R-al-habla@mundo-r.net y lo revisamos.

      Te agradezco, en cualquier caso, el tiempo que has estado con nosotros y la confianza depositada.

      Quedo a tu disposición para lo que necesites.

      Un saludo.

    • Avatar Laura di:

      En mi edificio (Vigo) , éramos hace 4 años cuando me vine a vivir para aqui unos 26 vecinos con R , unos con más y otros menos opciones pero todos con R.
      Cosa curiosa cuando la competencia empezó a instalar fibra ftth y actualmente solo queda la linea del ascensor.