menú

Máis fibra óptica de R para Sanxenxo

15/10/2021
Blog R

Arredor de 600 novas residencias particulares e empresas dos núcleos de Areas, O Outeiro, Laxe, Palacios, Nanín e Quintáns, no municipio pontevedrés de Sanxenxo, veñen de conectarse ás redes avanzadas de R.

Estas localidades xa poden dispoñer de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 500 megas simétricos (suba e baixada) e gozar de todos os servizos avanzados de telecomunicacións do operador galego.

Sanxenxo, outro paso de xigante

Estes 600 novos inmobles incorporados súmanse a outros case 1.400 que se conectaron ás redes de última xeración de R en meses anteriores no marco do Plan Avanza; e en virtude do mesmo programa serán un total de 3.200 a peche de 2021.

A maiores, R leva anos investindo pola súa conta na despregadura de infraestruturas en Sanxenxo, onde xa dispoñen de cobertura outros 7.407 fogares e empresas do municipio. Deste xeito, preto de 10.607 (7.407 + 3.200) será a cifra total de inmobles de Sanxenxo preparados para gozar dos servizos de última xeración da compañía galega a peche de 2021.

Referente para o turismo en Galicia

A fibra de R chega cada vez a máis recunchos da considerada capital turística das Rías Baixas. E motivos non lle faltan. Non só levan a fama as súas calas e 24 praias espalladas ao longo de 36 quilómetros de costa: Baltar, Caneliñas, Silgar, Montalvo ou Pragueira. Tamén é unha parada obrigada para os amantes dos deportes náuticos e conta con con rutas e carreiros de gran beleza natural.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxeran de alta velocidade ata ese momento (“zonas brancas”).

Nos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, a despregadura nos devanditos núcleos de Sanxenxo encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo) cun investimento total de 3,58M€.

Un segundo proxecto fala igualmente da despregadura de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, o investimento é de 2,6M€.

O terceiro dos proxectos adxudicados desenvólvese en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra), traballos que nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€.

65.000 fogares e negocios conectados a peche de 2021

Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Dixital. A estes traballos hai que lles unir as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para achegarlles tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar 33.000 fogares e negocios ás redes de nova xeración de R, cuxos servizos están arestora en fase de comercialización.

E así, ao remate dos dous plans, preto de 65.000 novas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

De feito, a día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R ten chegado por vez primeira coas súas redes de nova xeración a núcleos de municipios das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade como Tomiño, O Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Muxía, Moraña, Guitiriz, Abegondo, Ribadumia, Combarro e Ponte Caldelas.

Todas estas localidades poden gozar agora de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.

Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Turismo de Sanxenxo: praia de Sanxenxo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.