menú
fibra-R-redondela-concello-logo

Redondela suma novos inmobles conectados á renovada fibra óptica de R

25/02/2022
Blog R

Desta volta, 60 novos inmobles do núcleo de Cabanas, en Redondela (Pontevedra), xa poden dispor de accesos ultrarrápidos a internet grazas á nova rede de fibra que estamos a modernizar nas catro provincias de Galicia dende a pasada primavera.

Todos eles poden gozar dos servizos de telecomunicacións máis innovadores e de posibles accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.

Despregadura de rede

Seica recordades que hai varios anos, nun capítulo anterior do Plan Avanza, R xa acometera neste municipio da contorna de Vigo outra despregadura das súas redes, en concreto no núcleo de Parada, e daquela conectáranse ás redes avanzadas de R arredor de 300 vivendas e empresas de Redondela.

Agora, vimos de rematar R outro treito das tarefas de despregadura da nosa rede de fibra en Redondela, aproveitando ao máximo as infraestruturas do devandito núcleo de Cabanas.

Deste xeito, cando rematen as despregaduras do vixente Plan Avanza, preto de 5.600 fogares e negocios teranse unido á nosa modernísima rede de fibra. Aos inmobles incorporados haberá que sumarlles 250 máis na contorna do plan do Ministerio e igualmente os que se teñen conectado grazas a outros traballos de desenvolvemento de infraestrutura que estamos a realizar en Redondela dende hai anos.

Máis fibra para a provincia de Pontevedra

No concello de Redondela conflúen o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa.

E os numerosos peregrinos e visitantes que se achegan a este municipio do sur da provincia de Pontevedra atópanse extensos areais, petróglifos, patrimonio e mesmo illas con moita historia.

As illas máis recoñecidas son a que forman o Arquipélago de San Simón. A chamada, en concreto, así, a de San Simón, acolleu ordes relixiosas, sufriu ataques navais e funcionou como cárcere. Finalmente, en 1997 foi declarada Conxunto Histórico e Lugar de Interese Comunitario.

Das súas praias destacan Cesantes e Arealonga, que ademais contan con senllos paseos marítimos repletos de locais nos que degustar un bo peixe con vistas ao mar.

Redondela tamén é coñecida como ‘La villa de los Viaductos’. Debe este nome a construcións como ‘Pedro Floriani’ (viaduto de Madrid), inaugurado en 1876, e ao denominado ‘viaduto de Pontevedra’, de 1884.

E se falamos de tradición e modernidade, a Festa da Coca é o aceno de identidade histórica deste municipio que agora dá un paso máis no seu desenvolvemento tecnolóxico sumando novos inmobles e negocios conectados á nosa renovada rede de fibra óptica, a máis moderna do mercado.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuñan de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Redondela enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de municipios do sudoeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€.

A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, chegamos por primeira vez coas súas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.

A rede máis rápida do mercado para os/as nosos/as clientes/as

Os/as clientes/as de R dos núcleos de Redondela conectados xa podedes gozar dos servizos máis innovadores que ofrece a nosa nova rede de fibra, coa posibilidade de accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional. Estas vantaxes vanse traducir, entre outras cousas, nunha cobertura óptima dos servizos de R nos fogares e nunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez.

A nova rede de R, a máis rápida de España segundo o prestixioso estudo da empresa francesa nPerf, utiliza a tecnoloxía FTTH, que accede directamente aos fogares e permite velocidades simétricas (iguais de suba e de baixada) en toda a súa extensión. É a última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming… etc. Un sistema que permite habilitar eses accesos de ata 10 xigas, o que supón 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual e ata 8 veces máis capacidade de subida.

Cambio de equipos gratuíto e 5G

A medida que se vai despregando a nova rede, os/as clientes/as de R sodes avisados/as e informados/as dos pasos que deben seguir para cambiar os seus equipos por outros de nova xeración, máis avanzados, de forma totalmente gratuíta. E as novas altas de R xa se están a contratar maioritariamente sobre a nova rede de fibra óptica.

Cando ao longo deste ano se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración. Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.

Con esta infraestrutura de última xeración que en Restamos a despregar dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.

Imaxe de Concello de Redondela: edificio do Concello de Redondela.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.