
R leva a fibra óptica a máis fogares e negocios da Pobra do Caramiñal
Os habitantes do núcleo da Lomba, no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.
500 megas
O operador galego vén de rematar alí parte das tarefas de despregamento da súa rede de fibra óptica, aproveitando ao máximo as infraestruturas destes lugares pobrenses. Deste xeito, 72 novos fogares e negocios da Lomba quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R, e a peche de outubro falaremos de máis de 170 novas residencias particulares e empresas conectadas ás redes de última xeración do operador galego. Cando se complete este plan na Pobra, tras o exercicio de 2021, a localidade coruñesa contará xa con preto dun milleiro de fogares e empresas con conexión ás redes de nova xeración do operador galego.
A maiores do Plan Avanza, R leva tempo investindo no despregamento de infraestruturas na Pobra do Caramiñal, onde a día de hoxe xa dispoñen de cobertura das devanditas redes avanzadas arredor de 3.440 fogares e empresas do municipio.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros despregamentos na provincia da Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar, antes de 2021, a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñan de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, o despregamento na Pobra do Caramiñal encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. Outro dos proxectos fala igualmente do despregamento de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvólvese en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os despregamentos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.
65.000 fogares e negocios conectados antes de 2021
Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa. A estes traballos hai que unirlles as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para igualmente achegarlles a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar ás redes de nova xeración de R a outros 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están xa en fase de comercialización. E así, ao remate dos dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 nuevas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.
De feito, a día de hoxe, no marco do Plan Avanza, R xa ten chegado coas súas redes de nova xeración a núcleos das catro provincias galegas en Cuntis, Muros, Cerceda, Abegondo, Lourenzá, Barreiros, Palas de Rei, Monterroso, Ribadumia, Meaño, Combarro, Pontecaldelas, Tomiño, Petín, Camariñas, Curtis, Ortigueira, Porto do Son, Pobra de Trives, Cariño, Boqueixón, Moraña, Guitiriz, O Grove, A Estrada, Cambados, Noia, Vilanova de Arousa e Rianxo.
Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.
Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.
Imaxe de Concello da Pobra do Caramiñal.
18 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
E para cando en Antas de Ulla?
Despregastes a fibra antes do confinamento pero aínda non se pode contratar, e necesitamos a banda ancha canto antes.
Sábese máis ou menos a data?
Grazas
Ola, Alberto.
Podes pasarme a dirección completa ou as coordenadas de Google Maps á conta de correo fala-con-R@mundo-r.net para poder revisalo?
Grazas. Un saúdo.
¿Las tarifas nuevas para cuando? Ya han pasado dos meses de las nuevas tarifas q solo estan disponibles para nuevos clientes. Estoy por poner una queja en consumo
Hola, Jose.
Actualmente no disponemos de información de cuando estarán disponibles.
Cualquier novedad al respecto, será notificada por los canales de información habituales.
Disculpa las molestias.
Un saludo.
A ver se tendes mais sorte que por Muros, porque aquí hai varios clientes de R que levamos un mes sin servizo de fibra e xa nin che dan opción para falar co servizo técnico
Ola, Montse.
Se tes unha incidencia, os nosos técnicos están dispoñibles no 1449 opción 2 as 24 horas do día para atender calquera incidencia.
Se necesitas que o revise, pásame os datos do titular nun correo á dirección: fala-con-R@mundo-r.net e revísoo.
Un saúdo.
Si, claro. Agradezo a información. Só un detalle: LEVO DESDE O 24 DE SETEMBRO ESPERANDO A QUE ARRANXEN A INCIDENCIA E ESTAMOS A 21 DE OUTUBRO. CANDO MARCO O 1449 XA ME TEÑEN UNHA LOCUCION PREPARADA PARA DECIRME QUE SIGA ESPERANDO. NIN TEÑEN A DECENCIA DE CONTESTAR PERSOALMENTE.
Ola, Montse.
Antes de nada, quero pedirche desculpas polas molestias ocasionadas.
Podes enviarnos os teus datos á conta de correo fala-con-R@mundo-r.net para poder revisar a incidencia?
Grazas. Un saúdo.
Y para cuando en la zona de aguiño-ribeira?
Hola, María.
Estamos desplegando nuestra red a cada vez más municipios.
Lamentablemente no puedo indicarte una fecha exacta pero confío en que pronto seas una de las beneficiadas de las ampliaciones que realizamos.
Un saludo.
Cando vai a estar dispoñible na zona de O Obre, en Noia?
Aquí tamén desplegáchedes a fibra antes do confinamento e ainda non sabemos nada.
Fainos moita falta para traballar.
Un saúdo!!
Boas, Fran.
Podes enviarnos un mail a fala-con-r@mundo-r.net co teu enderezo completo e un enlace de Google Maps para que poidamos revisalo e informarche de se temos unha previsión concreta?
Un saúdo.
Servicio de averias pesimo
Hola, Abel.
Si necesitas que revisemos alguna avería no dudes en hacérnosla llegar desde la web http://i.r.gal/50d para que podamos revisarla cuanto antes.
Un saludo.
A noticia está ben, terán fibra, outra cousa e que funcione.
Se vai como en fisterra van apañaos.
Fibra de 200M a 2 M, primeiro, que é unha avaría na tua casa, despois dende fai un mes, que é na zona.
Eso si, o servizo de publicidade e de cobro funcionan perfectamente.
Ola, Juan.
Pídoche desculpas polas molestias que puidésemos ocasionarche.
Se necesitas que revise a túa conexión, envíame os teus datos á conta de correo fala-con-R@mundo-R.net
Un saúdo.
A 6º vez perde o sentido.
Ver que escriben como a incidencia de impacto nulo, parece por riba cachondeo
Ola, Juan.
Se tes algunha incidencia no servizo, recoméndoche contactar cos meus compañeiros do soporte técnico no 1449, premendo a opción 2 para que o revisen.
Desculpa has molestias.
Un saúdo.