Os habitantes dos núcleos da Loxe e de Manle, no municipio coruñés de Noia, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

Despregamento de rede

O operador galego vén de rematar alí parte das tarefas de despregamento da súa rede de fibra óptica, aproveitando ao máximo as infraestruturas destes lugares noieses. Con esta nova depregadura un total 612 novos fogares e negocios destes e doutros núcleos do municipio quedan xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R, e tendo só en conta o Plan Avanza, a peche de 2021, a localidade coruñesa contará xa cuns 700 fogares e empresas con conexión ás redes de nova xeración do operador galego, ademais de na Loxe e Manle, nos núcleos de Pirillueiro, Rasa de arriba, Devesa do Marqués, Couto de arriba, Xilvir, O Telleiro, Eiroa, Vilanova, Abruñeiras, Fonte Pernal, Pereiro de arriba, a Portela, Balbargos, Rego de hortas e A Chaínza.

A maiores do plan do Ministerio, R leva anos investindo na despregadura de infraestruturas en Noia, onde a día de hoxe xa dispoñen de cobertura das devanditas redes avanzadas arredor de 6.470 fogares e empresas, co que o municipio comezará 2.022 cuns 7.140 inmobles conectados.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia da Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxeran de alta velocidade ata ese momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investirase un total de 10M€, dos cales case 8M€ están a ser subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, esta última despregadura en Noia, nos núcleos da Loxe e Manle, enmárcase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 154 núcleos de concellos do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo), cun investimento total de 2,6M€. Un segundo proxecto fala igualmente da despregadura de banda larga de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 162 núcleos de concellos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo); o investimento total neste caso é de 3,58M€. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvólvese en 196 núcleos de concellos do suroeste de Galicia (Pontevedra), traballos que nestas zonas suporán una investimento de 3,75M€.

65.000 fogares e negocios conectados antes de 2021

Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital. A estes traballos hai que lles unir as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para achegarlles tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar ás redes de nova xeración de R 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están xa en fase de comercialización. E así, ao remate dos dous plans, preto de 65.000 nuevas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

De feito, a día de hoxe, no marco do Plan Avanza, R xa ten chegado coas súas redes de nova xeración a núcleos das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade en Cuntis, Muros, Cerceda, Abegondo, Lourenzá, Barreiros, Palas de Rei, Monterroso, Ribadumia, Meaño, Combarro, Pontecaldelas, Tomiño, Petín, Camariñas, Curtis, Ortigueira, Porto do Son, Pobra de Trives, Cariño, Boqueixón, Moraña, Guitiriz, O Grove, A Estrada, Cambados, Noia, Vilanova de Arousa, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Carballo.

Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.

Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Turismo de Galicia: centro histórico de Noia.Os habitantes dos núcleos da Loxe e de Manle, no municipio coruñés de Noia, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

Imaxe de Turismo de Galicia: centro histórico de Noia.