menú

370 novos inmobles de Mos conectados á fibra óptica de R

29/04/2022
Blog R

Un total de 370 inmobles dos núcleos de Gándara, Espaín, Sobrado, Laxe, Agueiro, Iglesia, Cotiño, Cerdedelo, Sobráns e Castros, no municipio pontevedrés de Mos, xa teñen acceso á nova rede de fibra óptica ata o fogar (FTTH) que estamos a modernizar nas catro provincias galegas.

Grazas a esta despregadura, os veciños da localidade xa poden dispoñer de accesos simétricos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas, gozar de maior cobertura coa tecnoloxía wifi 6 e dispoñer de tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.

Despregadura de rede

Vimos de rematar recentemente outro treito das tarefas de despregadura da nosa rede de fibra en Mos e deixamos conectados eses 370 fogares e negocios nos devanditos núcleos, aproveitando ao máximo, como sempre, as súas infraestruturas.

En meses anteriores, xa tiñamos acometidas outras despregaduras de rede nos núcleos de Atín, Casal, Campo de Eiro, Rebullón, Gándara, Zapateira, Laxe, Iglesia, Balteiro, Sobrado, Espaín, Bosende e Cotiño. Deste xeito, en total conectáranse á nosa infraestrutura avanzada preto de 1.500 vivendas e empresas deste concello da Ría de Vigo.

En total e grazas a este recente capítulo do Plan Avanza que agora rematamos, arredor de 2.900 fogares e negocios teranse unido xa á nosa modernísima rede de fibra no concello de Mos pois aos inmobles incorporados na contorna do plan do Ministerio haberá que sumarlles os conectados a través doutros traballos de desenvolvemento de rede que realizamos na zona dende hai anos.

O sur da provincia de Pontevedra suma máis fibra

Como sabes, Mos é un concello situado entre Vigo, Ponteareas e O Porriño.

Do seu rico patrimonio artístico destacan os chamados ‘petos de ánimas’ (pequenos santuarios en camiños ou encrucilladas), ademais de coidadas igrexas e multitude de cruceiros.

Tamén é indubidable a súa riqueza natural. A Serra do Galleiro é un dos mellores miradoiros naturais de toda a provincia de Pontevedra. Nela nace o Regato de Chenlo, que termina nunha fervenza de case 30 metros de alto, formando a Fervenza de San Xoán de Chenlo.

Por Mos pasa tamén unha antiga calzada romana que unía Bracara Augusta con Tui e Santiago, paso habitual de peregrinos/as que camiñan á tumba do Apóstolo. Aos pés deste vial sitúase o histórico Pazo de Mos, hoxe convertido en Fundación de interese galego.

Ao seu rico patrimonio histórico e natural suma agora Mos a modernización tecnolóxica que chega da man da renovada rede de fibra óptica de R.

 

Que vantaxes ten a fibra óptica FTTH de última xeración de R?

A transformación desta nova rede permite alcanzar unha cobertura óptima dos nosos servizos nos fogares e unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Esta nova rede dáche moito máis, por iso a chamamos fibra MAX.

  • Tecnoloxía baseada no estándar XGS-GPON: preparada para simultanear tarefas de formación, teletrabajo, gaming, streaming ou videochamadas. Este estándar permite alcanzar velocidades simétricas de ata 10 xigas, é dicir, 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual, e 8 veces máis de capacidade de subida.
  •  

  • Wifi 6 para maior cobertura: a mellor tecnoloxía wifi do mercado, con sistema “dual band” ou frecuencia dual e selección de banda intelixente que chega a todos os recunchos do fogar. Trátase dun novo estándar de transmisión sen fíos: a “sexta xeración” wifi, máis eficiente en cobertura, máis rápida, máis segura (WPA3), con menor gasto enerxético, menos interferencias e unha xestión óptima en ata 200 dispositivos á vez.
  •  

    Cambiámosche o equipamento de forma gratuíta

    Se es cliente de R en Gándara, Espaín, Sobrado, Laxe, Agueiro, Igrexa, Cotiño, Cerdedelo, Sobráns ou Castros contactaremos contigo para cambiarche gratuítamente o equipo. Así poderás disfrutar de WiFi 6 e decodificador Android 4K, que integra Netflix e Amazon e a posibilidade de instalar apps e xogos en calidade 4 veces maior que o HD.

     

    Estamos a despregar a nova rede FTTH en toda Galicia

    Cando ao longo deste ano se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración.

    Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.

    Con esta infraestrutura de última xeración que en R estamos a despregar dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.

    10 millóns de investimento e fondos europeos

    Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

    No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Mos enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de municipios do sudoeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€.

    A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, chegamos por primeira vez coas nosas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.

    Imaxe de Concello de Mos: concello de Mos.

    subscríbete ao boletín
    recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
    * This field is required

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará

    *

    0 comentarios

    R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
    Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.