menú
La Mariña lucense sigue sumando hogares y negocios conectados a internet con R

A Mariña lucense segue a sumar fogares e negocios conectados a internet con R

31/03/2021
Blog R

R vén de ampliar capacidade da súa rede en sete concellos da Mariña lucense (Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, Viveiro e Xove), o que lle permitirá ofrecer máis e mellores servizos a preto de 29.000 fogares destas localidades.

Extensión e mellora da rede

O operador galego traballou nos últimos meses na extensión e mellora da súa rede, instalando novos equipos que lles dan servizo a estas áreas, para dotar á infraestrutura de R de maior capacidade e fortaleza, e lle responder ao aumento de tráfico en Internet e noutros servizos de telecomunicacións que se ten producido dende o inicio da pandemia hai xa un ano. Con este reforzo substancial da rede, o operador galego déixaa preparada de cara a novos aumentos do consumo de Internet, TV e telefonía que poidan producirse de agora en adiante.

Novas tendencias de uso e máis investimentos

A crise sanitaria ten alterado os hábitos de uso e as tendencias xerais da poboación á hora de consumir servizos de telecomunicacións. O tráfico na rede tense incrementado entre un 40 e un 50% dende o inicio da pandemia, con picos que chegaron a superar o 80% en situacións de máximas restricións á mobilidade como o pasado mes de decembro, cando se alcanzou un aumento do 82% de accesos de banda larga con respecto aos consumos previos ao confinamento.

Todos estes traballos de mellora da rede de R na Mariña para reforzala e aumentar a súa capacidade, forman parte do intenso traballo global desenvolvido por R nos últimos anos para optimizar a cobertura dos seus servizos no territorio galego, obxectivo que este último ano tivo unha prioridade máxima ante as crecentes necesidades do uso de redes. Esta inxente demanda levou o operador galego a realizar un investimento de case 4,6 millóns de euros para ampliar e reforzar as capacidades da súa rede de fibra na comunidade galega.

Ao tempo, estas actuacións compleméntanse cos desenvolvementos de tecnoloxía FTTH en “zonas brancas” de Galicia (as que non desfrutaron nunca de servizos de alta velocidade), no marco dos plans Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria nos últimos anos. En concreto, en 2020 conectáronse ás redes de nova xeración de R arredor de 30.000 vivendas na comunidade, o que supuxo xa un investimento de 9 M€ que previsiblemente se aproximará aos 10M€ a peche de 2021.

Imaxe de A Mariña lucense.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Fran di:

    Me parece increible que llegue a mas y mas sitios pero a Maianca (Oleiros) no llega. A pesar de que estaba pactado para septiembre del año 2019… y seguimos a la espera. Espero que se ponga las pilas el ayuntamiento y pueda llevar una denuncia como es debido por faltar a su compromiso…

    • blog R blog R di:

      Hola, Fran.

      Debes saber que los primeros interesados en dar servicio al mayor número de clientes, lógicamente, somos nosotros.

      Para desarrollar las obras de despliegue de la red de fibra óptica es indispensable contar con ciertos requerimientos como permisos y autorizaciones que pueden retrasar más de lo que nos gustaría la disponibilidad del servicio en algunas áreas.

      Confiamos en que tu zona esté pronto en disposición de recibir los nuevos servicios de telecomunicaciones por fibra óptica.

      Un saludo.