menú
Gondomar sigue sumando hogares y negocios conectados a internet con R

Gondomar segue a sumar fogares e negocios conectados a internet con R

19/02/2021
Blog R

Novos núcleos do concello de Gondomar, na provincia de Pontevedra, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos (suba e baixada) e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

500 megas

Dende R vimos de rematar outro treito das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica que comezaran en 2020, aproveitando ao máximo as infraestruturas de Gondomar nos núcleos de Antime, Bade, Raposeira, Rasas, Sequeiros, Batizosa, Guillufe, Gulfar, Picouso e Viño. E así, a día de hoxe, 448 novos fogares e negocios deste lugar do municipio pontevedrés están xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R. Cando remate o plan, en 2021, esa cifra será de 2.000 fogares e negocios conectados.

A maiores, o operador galego leva tempo investindo no despregamento de rede en Gondomar, onde a día de hoxe xa dispoñen da cobertura das redes de nova xeracion de R un total de 1.713 fogares e empresas do municipio.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxeran de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, o despregamento de Gondomar encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os despregamentos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.

Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€.

O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea.

65.000 fogares e negocios conectados antes de 2021

Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Economía y Empresa.

A estes traballos hai que unirlles as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para achegarlles tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar ás redes de nova xeración de R 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están xa en fase de comercialización. E así, ao remate dos dous plans, preto de 65.000 nuevas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

De feito, a día de hoxe, no marco do Plan Avanza, R xa ten chegado coas súas redes de nova xeración a núcleos das catro provincias galegas en Tomiño, O Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Muxía, Moraña, Guitiriz, Abegondo, Ribadumia, Combarro e Ponte Caldelas.

Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.

Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Concello de Gondomar.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar antonio di:

    Para cuando velocidad simétrica en Carral?, para cuando 1Gb, para cuando vais a mejorar la calidad de la televesión que es la peor de todas las empresas que se dedican a esto y que es inferior incluso a Hbo y Movistar Lite.

    Gracias por las respuestas que no vais a dar

    • blog R blog R di:

      Hola, Antonio.

      Con respecto a la simetría y el 1Gb estamos trabajando para mejorar nuestra red.

      Iremos informando de estos cambios por los medios habituales. Un plazo exacto para la zona que me comentas no te puedo indicar, lo lamento.

      Y en cuanto a la calidad de televisión, la definición de los canales no es como la del satélite (entre 8 y 10 megas) o la TDT (unos 4 megas), hay canales que van a 20 megas en su mayor parte.

      Una vez que estás en el canal intentamos ofrecer la mejor calidad de televisión posible.

      De todas formas, nunca dejamos de estudiar otras posibilidades para mejorar tecnológicamente. En este momento estamos centrados en sacarle todo el rendimiento posible a nuestro equipo actual, porque sabemos que puede responder muy bien incluyéndole nuevas funcionalidades y/o mejores bitrates.

      Un saludo.

  2. Avatar antonio chapela soage di:

    ¿hay linea de “R” en Donas (nucleo de Abrollido)
    no concello de Gondomar?