menú

125 fogares e empresas de Gondomar veñen de conectarse a internet de ata 500 megas simétricos con R

18/12/2020
Blog R

O concello de Gondomar, na provincia de Pontevedra, xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

O operador galego vén de rematar as tarefas de despregamento da rede de fibra óptica no núcleo de Cotro, aproveitando ao máximo as infraestruturas de Gondomar. Así, 125 novos fogares e negocios deste lugar do municipio pontevedrés están xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R. A esta cantidade sumaránselle en Gondomar outros 445 inmobles ao longo de decembro, co que a peche de 2020 falaremos xa, no marco do Plan Avanza, dunhas 570 residencias particulares e empresas conectadas a estas redes avanzadas nos núcleos de Picouso, Gulfar, Guillufe, Batizosa, Viño, A Iglesia, San Roque, A Avelosa, Regodagua, Pintor, O Pedrouco, A Mourisca, Loureiro, O Fouco, Paraboa, Aspera, Piquetes e Seidóns.

Cando remate o plan, en 2021, esa cifra será de 2.000 fogares e negocios conectados.

A maiores, o operador galego leva tempo investindo no despregamento de rede en Gondomar, onde a día de hoxe xa dispoñen da cobertura das redes de nova xeracion de R un total de 1.713 fogares e empresas do municipio.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxeran de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, o despregamento de Gondomar encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os despregamentos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.

Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€.

O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea.

65.000 fogares e negocios conectados en 2021

Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas o ano pasado ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa. A estes traballos hai que unirlles as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolve dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para igualmente achegarlles a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar ás redes de nova xeración de R a outros 33.000 fogares e negocios, moitos de cuxos servizos están xa en fase de comercialización. E así, ao remate dos dous plans, preto de 65.000 nuevas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

De feito, a día de hoxe, no marco do Plan Avanza, R xa ten chegado coas súas redes de nova xeración a núcleos das catro provincias galegas en Cuntis, Muros, Cerceda, Abegondo, Lourenzá, Barreiros, Palas de Rei, Monterroso, Ribadumia, Meaño, Combarro, Pontecaldelas, Tomiño, Petín, Camariñas, Curtis, Ortigueira, Porto do Son, Pobra de Trives, Cariño, Boqueixón, Moraña, Guitiriz, O Grove, A Estrada, Cambados, Noia, Vilanova de Arousa, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Carballo, Antas de Ulla, Ames e Teo.

Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Así mesmo, os clientes de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe do Concello de Gondomar.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. miguel di:

    Hola, para cuando fibra simetrica en Ferrol? a mucha gente le urge desde hace tiempo, y otras compañias ya hace mucho que lo tienen