
A fibra óptica de R chega a máis fogares e negocios de Ames e Teo
Os habitantes dos núcleos de As Punxeiras altas e Carballido, no municipio coruñés de Ames, e na rúa de Francos en Teo, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.
500 megas
O operador galego vén de rematar nestes dous concellos parte das tarefas de despregamento da súa rede de fibra óptica, aproveitando ao máximo as infraestruturas destes lugares composteláns. Deste xeito, 64 novos fogares e negocios dos núcleos de Ames e arredor de 40 en Teo quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R. Cando tras o exercicio de 2021 se complete o despregamento nestes municipios da bisbarra de Santiago de Compostela, no marco do Plan Avanza, ambas as dúas localidades contarán cun total dunhas 924 novas residencias e empresas con conexión ás redes de nova xeración do operador galego (453 en Ames e 471 en Teo).
A maiores, R leva anos investindo no despregamento de infraestruturas en Ames, onde a día de hoxe xa dispoñen de cobertura das súas redes avanzadas outros 14.604 fogares e empresas do municipio. No caso de Teo, xa tiñan cobertura de R antes do Plan Avanza neste municipio arredor de 4.050 residencias e negocios.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros despregamentos na provincia da Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar, antes de 2021, a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñan de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, o despregamento en Ames e Teo encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€. Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os despregamentos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.
65.000 fogares e negocios conectados antes de 2021
Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa. A estes traballos hai que unirlles as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para igualmente achegarlles a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar ás redes de nova xeración de R a outros 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están xa en fase de comercialización. E así, ao remate dos dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 nuevas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.
De feito, a día de hoxe, no marco do Plan Avanza, R xa ten chegado coas súas redes de nova xeración a núcleos das catro provincias galegas en Cuntis, Muros, Cerceda, Abegondo, Lourenzá, Barreiros, Palas de Rei, Monterroso, Ribadumia, Meaño, Combarro, Pontecaldelas, Tomiño, Petín, Camariñas, Curtis, Ortigueira, Porto do Son, Pobra de Trives, Cariño, Boqueixón, Moraña, Guitiriz, O Grove, A Estrada, Cambados, Noia, Vilanova de Arousa, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Carballo e Antas de Ulla.
Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.
Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.
Imaxes de Concello de Ames e Concello de Teo.
19 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
E qué me din das instalacións obsoletas de fibra que teñen a meirande parte de clientes de R?, qué me din disto?.
Fibra óptica de R?: NON, soio conexión obsoleta HFC.
Ola, Javier.
Conexión obsoleta? Entendo que te poidas referir a servizos ADSL de cobre, pero unha rede fibra óptica obsoleta, non estou de acordo.
Nas novas conexións estamos xa a instalar FTTH. Nas conexións FTTB (fibra ata o edificio) a meirande parte da rede é a través de fibra, e grazas a iso podemos ofrecer conexións de ata 1 Xiga.
Un saúdo.
Pois non, penso que non se refire o cobre…Refirese a que tendes a maior parte dos clientes baixo unha rede deficiente , con saturacions constantes, con microcortes continuos e coa terceira parte dos servicios do FTTH ….e PAGANDO O MESMO , CANDO NON E MAIS …
Basicamente refirese a eso….con toda a razon do mundo ….E o de que podedes ofrecer 1Gb en cable….permiteme que o dubide moito….E mais, permiteme que che pregunte quen foi o que che contou esa tonteria …Por que hoxe por hoxe en Fttb coma moito podedes ofertar en calquera das grandes cidades de galiza coma moito ata 500/50 …e eso sen ter a mais minima garantia de velocidade ….por que tendes a maioria das cabeceiras o limite de capacidade…E se queres contoche o por que a min me ofrece o portal optar os 500mb e a calquera alta nova so lle deixa optar a 100mb…O mellor sorprendeste das cagadas que fai a tua empresa….
Exacto Jesús, eu non o explicaría mellor .
Levo uns 15 anos con R, pero isto acabouse.
E para os que temos instalacions de cable coaxial dende fai case 20 anos cando pensades equipararnos aos novos clientes de SO fibra.
Ola, Víctor.
Actualmente, a nova rede xa vai despleglada por FFTH. Traballamos para intentar levala ao máximo número de fogares posibles.
Cambiar toda a rede actual implica unha gran inversión e un tempo de execució, e polo de agora non temos prazos que podamos informarte.
Un saúdo.
Parécelles a vostedes serio o que están a responder?.
Dende logo R non é nin a sombra do que foi.
A culpa é nosa por seguir en R. Aínda que por miña parte será por pouco tempo.
Ola, Javier.
Sinto que as miñas respostas non che parezcan adecuadas.
A miña intención era informar sobre como estamos a proceder co noso despregamento de rede.
Un saúdo.
Non me parecen axeitadas porque dá a impresión que pensan somos bobos.
O que dicía máis arriba, os clientes que levamos anos con vostedes, que levamos aguantando os case que continuos cortes de servizos, creo non merecemos este case que cruel esquezemento.
E como isto xa é insostible, non queda outra que marchar.
Ola de novo, Javier.
Desculpa se tes esa imprensión, a miña intención en ningún momento foi esa.
Coa nosa rede de fibra óptica coa coaxial do nodo a vivenda non se perde velocidade.
Se no teu caso non funciona correctamente o recomendable é que nos notifiques a incidencia para revisar o que sucede e sobretodo se coma me comentas é reiterado.
Dende a web de clientes/app podes abrir avaría e deste xeito os meus compañeiros de soporte técnico poden revisar o que sucede: i.r.gal/546
Un saúdo.
Me da la impresión Javier, que no solo las instalaciones es son obsoletas, los técnicos dejan mucho que desear…
Yo llevo desde Octubre esperando que me solventen una incidencia con Tvcomigo, que no me funcionó nunca.
Si intento irme a otra compañía me amenazan con aplicarme la penalización, por aquello de la permanencia….la incidencia se denunció a los 2 días de la conexión….claramente los que incump,en el contrato son los de R, pero….
Me arrepiento de haber contratado con esta especie de ompañia, que pediría que no dijera que es gallega….es una mala propaganda para este pais
como podéis ver no hay respuesta….igual que en mis contactos con el servicio técnico….nadie es responsable, todos avisaran a no se quien, pero el/la supervisor/a que va a llamarme debe estar enfermo….
Hola de nuevo, Eugenio.
Ya te he contestado en otro hilo que has escrito.
Un saludo.
Parase información siguen engañando en y los dioses del olímpicos (supervisores) siguen sin dignarse hablar con los si pues y maloliente mortales
Hola, Eugenio Sánchez Lucas.
Siento, de veras, las molestias ocasionadas.
Mis compañeros están haciendo todo lo posible por que funcione el servicio correctamente.
Un saludo.
Entendo que esta noticia corresponde ao depregue do Plan de Extensión de banda larga 2016-2019 que inclue a rúa Francos en Teo.
Porque na noticia di:
“Y así, al final de los dos planes, antes de 2021, cerca de 65.000 nuevas residencias particulares y empresas quedarán preparadas para recibir los servicios avanzados de R.”
Efectivamente este plan remataba en 2019 e tiña un ano de carencia para a súa finalización.
Neste plan, xunto coa Rúa de Francos, en Teo está subvencionada a instalación de redes de fibra antes de 2021 nos seguintes núcleos: Casal e Mouromorto en Calo; O Aido, Caxade, A Igrexa, Nespereira, Paraxó e Bustelo en Luou, e Bouñou, O Pazo e Sestelo en Rarís.
A miña pregunta é, vaise despregar antes da data límite establecida a fibra en todos estes núcleos? Porque parece que xa non queda moito para 2021.
Grazas de antemán e un saúdo.
Ola, Agustín.
En R traballamos para ofrecer os nosos servizos a maior cantidade de xente posible e facemos constamente ampliacións na nosa rede.
Sempre que chegamos a un novo municipio o indicamos a través das nosas canles habituáis e seguirémolo facendo así no futuro.
Lamentablemente non che podo indicar a data na que poderemos ofrecer os nosos productos nas zonas indicadas pero confío en que sexa pronto.
Un saúdo.
Hola, ¿cuales son los canales habituales que comentas para anunciar la disponibilidad en un municipio? Yo vivo en una de las zonas que comenta Agustin Barba y quería estar atento a cuando se anuncie. Gracias
Hola, Antonio.
En nuestro blog y publicidad en la zona/buzoneo. También se envían comerciales para informar.
Un saludo.