menú
fibra_optica_boiro

Fibra óptica en Boiro: cobertura e como contratar

17/10/2022
Blog R

Boiro, terra de mar e berce do megalitismo en Galicia, está agora máis conectada que nunca grazas á rede de fibra máis rápida da nosa comunidade. Grazas a R, os boirenses contan coa internet máis avanzada do mercado.

 

Vantaxes que ofrece a nosa oferta de fibra óptica en Boiro

Imos tentar resumirche as principais vantaxes da rede de fibra de R. Asegurámosche que non é fácil dicilo todo, así que, se tes dúbidas, contacta connosco 🙂

Maior cobertura e velocidade con wifi 6: ata 4 veces máis cobertura e da forma máis segura, a que ofrece o protocolo sen fíos WPA3.

10 xigas simétricos (de subida e baixada): máis rápida e con potencial para alcanzar os 10 Gb. De momento, xa damos 1 Gb aos nosos clientes particulares.

• Sen retardos. A rede favorita dos/as “gamers”. Co mínimo retardo e conexión directa aos principais servidores de gaming.

• Con deco 4K incluído. Para que convertas a pantalla nunha Smart TV e desfrutes en altísima calidade dos mellores contidos de plataformas como Netflix ou Prime Video. Ah, e o deco conta cun sistema operativo Android para descargar as túas aplicacións favoritas.

Engade xigas ilimitados á fibra de R en Boiro

Porque non só che damos a mellor fibra. Se queres, tamén podes sumarlle tarifa de móbil con xigas ilimitados e tecnoloxía 5G.

Aforrarás diñeiro e teralo todo reunido nunha mesma factura.

 

Como cambiar ou contratar fibra en Boiro

Se aínda non es cliente/a, podes chamarnos ou consultar a nosa web para coñecer todos os detalles da oferta.

Se xa es cliente/a, poñerémonos nós en contacto contigo cando fibra MAX estea dispoñible na túa zona para concertar cita e instalarche o router da túa nova fibra. Así de rápido e fácil.

Cobertura de fibra óptica en Boiro

Sabes que unhas 8.000 vivendas e empresas de Boiro gozan xa da máis moderna rede de fibra óptica do mercado?

E seguimos traballando para que cada vez máis boirenses poidan gozar das vantaxes da nosa rede con despregamento de fibra ata o fogar (FTTH).

Boiro, unha vila de mar con patrimonio megalítico

Boiro está situado na comarca do Barbanza, ao abrigo da ría de Arousa.

Non podemos falar de Boiro sen citar areais como A Retorta, Barraña-Saltiño, Carragueiros, Ladeira do Chazo, Mañóns e Piñeirón, cita infalible para quen busca un baño tranquilo.

Tamén destaca polos seus encantos naturais, con fervenzas como a de Cadarnoxo e dous fantásticos estuarios: o do río Coroño e o do río Beluso.

Para gozar das mellores vistas da zona, achégate ao Miradoiro de A Magdalena ou ao de Coto da Filloa.

E se o teu son as aves, non perdas o Complexo Húmido e Sistema Dunar de Carragueiros, cunha lagoa á que chegas seguindo un camiño de terra próximo á praia de Carragueiros.

Ademais, Boiro acolle un interesante legado arqueolóxico, do que destacan os túmulos do Neolítico que o converten no berce do megalitismo en Galicia. Son máis dunha trintena, entre eles as grandes cámaras funerarias de Casota do Páramo, Arca da Barbanza e Casarota do Fusiño.

E se imos de paseo por este pobo mariñeiro atopamos igrexas, ermidas, pazos e mansións de antigos nobres e familias fidalgas, como a Torre Pazo de Goiáns. Un lugar con lenda incluída, segundo a cal a poderosa familia propietaria xurdiu por mor do encontro entre un pescador e unha sirena.

Non sabemos se a lenda é real, pero o que si podemos asegurarche é que agora xa podes contratar en Boiro, grazas a R, a rede de fibra máis moderna do mercado.

Imaxe: Turismo de Boiro.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required