menú
fibra-optica-a-rua

Fibra óptica en A Rúa: cobertura e como contratar

20/03/2023
Blog R

Se vives na Rúa, estás afeito/á ás paisaxes espectaculares e aos bos viños. E agora tamén podes incorporar no teu día a día a mellor rede de fibra do mercado, coa que navegar a pleno rendemento con maior cobertura e seguridade ou gozar das túas series e pelis favoritas en calidade 4K. Porque fibra MAX xa está dispoñible no concello da Rúa.

Contámosche máis sobre o servizo de internet e a fibra na Rúa, para que saibas que servizos tes dispoñibles.

 

A mellor oferta de fibra na Rúa

Aplicámonos a fondo para que teñas a mellor fibra en A Rúa. Coñeces as vantaxes de fibra MAX de R?

  • Máis velocidade e cobertura. O sistema wifi 6 universal selecciona de forma intelixente a banda con mellor calidade en cada momento. Así se consegue maior alcance e que navegues sempre coas mesmas prestacións que se estiveses á beira do router.
  • A nosa fibra pode chegar ata os 10Gb de velocidade de internet. De momento, xa dispoñen dun 1Gb simétrico os nosos/as usuarios/as particulares. Ata 4 veces máis rápida que outras fibras e coa mesma velocidade de subida e de baixada.
  • Coidando a seguridade. Diso ocúpase o protocolo sen fíos WPA3, o máis seguro do mercado.
  • Sen retardos. A nosa conexión aos mellores servidores e plataformas de gaming evita problemas de latencia ou ping.
  • Con deco Android 4K incluído. Que che parece se convertes a túa pantalla nunha Smart TV e accedes ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K? Para que goces con altísima calidade dos teus contidos favoritos de Prime Video, Netflix ou o noso rebobina. Tamén poderás descargar aplicacións grazas ao seu sistema operativo Android.
  • Contrata o teu móbil con R na Rúa

    Só podo contratar fibra en R? Somos moi de fibra, pero tamén pensamos no teu móbil. Para el temos unha tarifa de datos ilimitados que inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais. E se non necesitas tantos datos, tamén che ofrecemos tarifas con 10 ou con 30 GB. Ti elixes.

    E coa tecnoloxía 5G, para que navegues aínda máis rápido. Alí onde xa teñamos completado o seu despregamento, poderás acceder automaticamente co teu móbil. Só necesitas ter un modelo compatible.

    Aforra un pouquiño e unifica as túas facturas contratando fibra e móbil con R.

     

    Contrata ou cambia a fibra MAX de R na Rúa

    Xa es cliente/a? Chamarémoste en canto a rede estea dispoñible na túa zona para instalarche os novos equipos no teu domicilio. Así de fácil e sen ningún custo adicional para ti.

    Aínda non es cliente/a? Consulta toda a información sobre fibra MAX na nosa web e chámanos se tes dúbidas.

    Cobertura de fibra na Rúa

    Case 2.500 empresas e particulares da Rúa xa aproveitan as vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).

    Pero queremos chegar aínda a máis veciños/as, así que continuamos cos nosos traballos de mellora ata consolidarnos como o operador con máis cobertura propia na túa localidade.

    A Rúa, historia e viño

    Situado en plena zona Denominación de Orixe Valdeorras, o municipio ourensán da Rúa é terra de viños godellos e mencías.

    A localidade conta cunha longa e milenaria historia, testemuña da cal se atoparon petróglifos da Idade de Bronce, sepulcros prehistóricos como as “mámoas” de Cereixido, castros e mosaicos romanos.

    Representativo de A Rúa é a ponte da Cigarrosa, de orixe romana e pola que atravesaba a chamada Vía Nova, que unía Brácara e Astúrica.

    A Rúa pode presumir tamén de paisaxe e riqueza natural. Non perdas as vistas dende o Miradoiro de Barranco Rubio, situado a 800 metros de altitude nunha ladeira sobre o val do Sil.

    Paraíso natural

    Ademais, o encoro de San Martiño, creado nos anos 50, é un auténtico paraíso ornitolóxico no que se atopan ata 600 especies de aves e un punto de referencia para os amantes dos deportes acuáticos.

    E non podemos esquecernos do Aguillón, o espazo natural no que rueses e ruesas pasean ou practican deporte ao carón do río Sil.

    E agora, a esta localidade vinícola chega fibra MAX de R, unha boa aliada para compartir co mundo, grazas á tecnoloxía, as bondades dos seus caldos, as súas paisaxes e o seu patrimonio.

    Imaxe ponte romana: Concello de A Rúa.

    subscríbete ao boletín
    recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
    * This field is required