menú
La fibra de R llega a más de un millón de hogares y empresas

A fibra de R chega a máis dun millón de fogares e empresas

17/12/2019
Blog R

Queremos compartir contigo un fito que nos fai especial ilusión. Pechamos o ano traspasando a fronteira do millón de residencias particulares e empresas galegas que poden a día de hoxe conectarse á rede de fibra óptica de R.

En R levamos 20 anos cavando gavias, removendo terra e asfalto para chegar ao teu fogar, á túa tenda, bar, nave ou alí onde nos precises. O resultado son 134 concellos galegos conectados ás redes de nova xeración de R, con accesos a internet de ata 500 megas entre outros servizos avanzados.

Máis dun millón

R pecha 2019 cuns 808.000 fogares e 194.000 negocios conectados á súa rede de fibra óptica, superando así o fito do millón cun total de 1.002.000 residencias particulares e empresas preparadas para recibir os servizos de última xeración do operador galego.

Parellamente, cun investimento que supera os 1.300 millóns de euros para despregar esa rede avanzada en Galicia ao longo de dúas décadas, 134 concellos da comunidade están a día de hoxe en disposición de recibir os servizos de R e arredor de 300.000 clientes, entre residenciais e empresas, desfrutan nestes momentos de accesos a internet de ata 500 megas e doutros servizos avanzados.

A fibra óptica de R por núcleos

Se queres, podes comprobar neste mapa os núcleos nos que xa temos despregada rede de fibra óptica neste momento en Galicia:

65.000 novos fogares e empresas

R desenvolve arestora varios proxectos das adxudicacións do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación do Ministerio de Economía e Empresa co que se promove o despregamento de FTTH (“fibra ata o fogar”) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Cando se completen os despregamentos dos proxectos do Plan PEBA-Plan Avanza adxudicados a R en 2016 e 2018, o investimento total realizado -tanto en novas localidades coma nas que xa había rede de R– acadarán os 18 millóns de euros, cofinanciados polos fondos FEDER da Unión Europea a través do devandito programa.

En virtude das adxudicacións de 2016, cun investimento de 8 millóns de euros, arredor de 33.000 fogares e negocios das “zonas brancas” uniranse a ese millón longo dos que hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. A maiores, outras 32.000 residencias particulares e empresas quedarán igualmente conectadas ás redes de nova xeración de R ao remataren as actuacións dun segundo plan PEBA-Avanza adxudicadas ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa o ano pasado para tamén achegarlles a tecnoloxía FTTH a diversas zonas da xeografía galega que nunca dispuxeran de accesos ultrarrápidos. Estes despregamentos, cun investimento adicional de 10 M€, están subvencionados así mesmo polos Fondos FEDER da Unión Europea. Desta maneira, ao remate de ambos os dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 novos fogares e negocios quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.
A fibra de R chega a máis dun millón de fogares e empresas

Ata 500Mb e servizos avanzados nunha vintena de novas localidades

Froito de todos estes traballos, só en 2019 poden acceder á rede de R a velocidades de ata 500 megas fogares e empresas de núcleos de 11 novos municipios galegos, aos que lles hai que sumar outra decena deles conectados en 2018. Así, na provincia da Coruña R levou recentemente as súas redes de nova xeración aos concellos de Abegondo, Cerceda, Muros, Camariñas, Ortigueira, Curtis ou Porto do Son. En Lugo, a Lourenzá, Monterroso, Palas de Rei, Barreiros e Guitiriz. Na provincia ourensá conectáronse á rede de fibra de R núcleos dos municipios de Petín e Pobra de Trives e en Pontevedra, os de Ribadumia, Meaño, Cuntis, Ponte Caldelas, O Rosal, Tomiño ou Moraña.

Por outra banda, R aumentou a súa presenza noutros municipios onde xa estaba coa súa rede de fibra como Miño, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Ferrol, Neda, Poio (Combarro), Pontevedra, Vigo, A Guarda, Ordes, Santiago de Compostela, San Cibrao das Viñas, Arteixo, Nigrán, Vigo, Cervo, Sanxenxo, Redondela, Mugardos e Boqueixón. E as previsións falan doutros despregamentos en 2020, en núcleos dos municipios de Cariño, Muxía, Antas de Ulla, Valga e Vilaboa.

Ademais deses accesos a internet con megavelocidades garantidas, as zonas activadas poderán desfrutar tamén do desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira, Así mesmo, os clientes de R serán quen de aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto, cunha atención ao cliente sempre dende Galicia.

20 anos despregando rede para Galicia

Entre os anos 1999 e 2010 R desenvolveu un proxecto de construción dunha nova rede de telecomunicacións por fibra óptica en Galicia. A extensión de redes de nova xeración comenzou en 2010, despois de que R resultase adjudicataria dunha subvención da Xunta de Galicia para unha actuación que pretendía dotar das tecnoloxías máis avanzadas a zonas espalladas e de difícil acceso na comunidade: o Plan de Banda Larga 2010-2013.

Posteriormente, o Plan de Banda Larga de Galicia 2020 asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mb para a totalidade da poboación e de impulsar a contratación nos fogares de servizos de alta velocidade por riba dos 100Mb. Dentro dese programa enmárcase o Plan de Polígonos do PDBL 2020, cofinanciado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR). R completou, co devandito Plan de Polígonos, o despregamento da súa rede en 81 recintos empresariais da comunidade de xeito que, en 2018, un total de 130 polígonos (case o 93% da superficie empresarial ocupada), disponían xa de accesos ultrarrápidos á rede.

20 anos, en suma, despregando rede para Galicia, en colaboración coas administracións estatal y autonómica, para garantir que zonas de Galicia que, case sempre por problemas orográficos dificilmente poderían desfrutar das tecnoloxías más avanzadas, teñan a oportunidade de dispoñer de servizos de última xeración. O obxectivo final: que os habitantes de Galicia gocen por completo das vantaxes da Sociedade da Información e que as empresas galegas sexan quen de competir, dentro e fóra da comunidade, coma mínimo en igualdade de condicións, coas rexións máis avanzadas do mundo. O compromiso de R con Galicia segue intacto.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

24 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar David VGO di:

    Moi ben, despregando FTTH nas “zonas brancas”, nalgún sitio máis e tal. E, mentres tanto, quenes somos clientes de HFC, con asimetrías 10:1, pagando o mesmo (suba este mes incluída)?

  2. Avatar Lukitas di:

    Totalmente de acuerdo con DAVID VGO. Llevamos toda la vida padeciendo una asimetría 10:1 tercermundista y no habéis hecho nada por remediarlo. Y algo tan importante para los clientes como es informar publicamente de la próxima subida unilateral de la factura (la enésima) y ni siquiera le dedicáis una noticia informativa en este BLOG, que para eso está (y sí, ya sé que se nos ha comunicado particularmente en letra pequeña y de forma bastante difusa al final de la penúltima factura). Pero una cosa no quita la otra. Saludos

    • blog R blog R di:

      Hola.

      La simetría está orientada a servicios empresariales en los que existen servidores en los que un alto número de usuarios se conectan a dichos equipos para descargar contenido; para los usos habituales de internet de un usuario doméstico o de negocio consideramos más adecuado mejorar el servicio en cuanto a caudal de bajada y un esfuerzo en la garantía del caudal del servicio (80%).

      La comunicación de cambios en tarifas se tiene que realizar en factura y lo realizamos por esa vía, además no todos los clientes ven el blog. Se utiliza toda una página para comunicar las modificaciones.

      Un saludo.

      • Avatar David VGO di:

        Será para subir contido. Que a gran maioría de usuarixs residenciais non requiran 500 mbps de subida, certo. Que tampouco requiran 500 mbps de baixada, tamén. Agora ben, se son creador de contido (poñamos que edito vídeo) e teño un servizo na nube que quero ter sincronizado para copia de seguridade, igual non me apetece esperar media hora cada vez que fago un cambio.

        Por certo, daquela para que en León e Cantabria ofrecedes simetría a particulares?

        Que non tedes por que publicitar os cambios de tarifa no blog, certo tamén. Que desta vez non o facedes porque e unha suba sen ningunha contraprestación salientable (aínda que non solicitada polo cliente), pois…

        • blog R blog R di:

          Ola de novo, David VGO.

          Nas zonas de León e Cantabria o despliegue que hay feito é de FTTH, non é baixo a nosa rede e ofrecemos os servizos que nos permite o operador propietario da rede. Sucede igual en Galicia, nas zonas onde temos servicio baixo a rede de par de cobre que non é nosa, podemos ofrecer a velocidade que nos permiten.

          Un saúdo.

          • Avatar antonio di:

            Mucho anuncio de 500 megas y otras historias pero antes de hablar tanto en darle los 500 megas a esos pueblos que para vosotros somos de segunda categoría como Carral.
            Yo tengo 200 megas y me llegarían de sobra si fuesen 200 megas de verdad pero tal como va necesito los 500 si o si sobre todo los findes que va fatal.Aparte de eso en diciembre del 2018 anunciasteis una subida gratuita a 300 para los que tenemos 200,si hace un año y aún estoy esperando,eso no lo habeis cumplido pero la subida de 4 o 5 € eso si que lo cumplido.Haceis que los clientes os marchen pero no solo eso,haceis que se marchen mosqueados.

          • blog R blog R di:

            Hola, antonio.

            No solo intentamos llegar a nuevos municipios si no también, mejorar la conexión en aquellos donde ya ofrecemos servicio. En ocasiones, se demora más el poder ofrecer las nuevas velocidades en estas zonas. En cualquier caso, puede hablar con soporte técnico para revisar la lentitud desde aquí: http://i.r.gal/dz.

            Lamento las molestias ocasionadas, antonio.

            Un saludo.

          • Avatar david.vazquez@msn.com di:

            Seino, pero daquela non é coherente dicir que en residencial non se necesita simetría. E sigo vendo inxusto pagar o mesmo en rede HFC por relacións baixada/subida de 10:1. Por non falar de que clientes que levamos máis de 15 anos, con 5 liñas de móbil na factura non teñamos máis ca escuálidas “promos para min” (os terminais xa os compro eu onde elixa, grazas), cando para captación de clientes hai descontos importantes. Agora, nova suba, que xa se fai insostible. Parece que queredes amosarnos a porta de saída.

          • blog R blog R di:

            Ola, David.

            Nós desde sempre damos a benvida aos recen chegados con prezos mais atractivos, pero por mais que quixésemos non podemos manter eses prezos de forma indefinida.

            Para os antigos clientes, ademais das promocións converxentes por ter combo e móbil, periodicamente a través da web de clientes, no apartado “promos para min” informamos de novos servizos e vantaxes http://i.r.gal/1hk

            Aínda así somos un operador moi flexible, e vas a poder cambiar os servizos contratados sempre que queiras.

            Un saúdo.

        • Avatar Lukitas di:

          Cómo que desta vez? No lo han hecho nunca. Que no tienen obligación de hacerlo? Pues claro que no. Pero tampoco tienen obligación de publicar el 99% del contenido que se publica en el blog y lo hacen. Eso sí, solo lo que les conviene.
          “…para los usos habituales de internet de un usuario doméstico o de negocio consideramos más adecuado mejorar el servicio en cuanto a caudal de bajada” ==> Una vez más, R decidiendo unilateralmente lo que necesita el cliente. Menos mal que está R para decirnos lo que necesitamos, sino que sería de nosotros?

  3. Avatar Alfonso di:

    Ya, pero la inmensa mayoría seguimos con el cable coaxial y no ofrecen la posibilidad de la fibra
    Y la calidad del coaxial es muy deficiente, los 500 metas siendo optimistas se quedan en 50 y para colmo no son simétricos

  4. Avatar santiago garcia garcia di:

    Mucha publicidad pero muy mal servicio el de r el wifi es una porqueria yo les suplique que me canviasen el router por otro modelo aver si asi mejorava algo la señal wifi y por mucho que les suplique no me an hecho ni puto caso y perdon por la espresion pero es que estoy muy cabreado y como me tienen sujeto por la permanencia me tengo que fastidiar por no decir algo mas fuerte.

  5. Avatar GONZALO PAZOS GONZALEZ di:

    Como puedo saber si tengo en mi domicilio fibra óptica o no?

  6. Avatar José di:

    Como cliente de R, durante más de 15 años, me siento totalmente abandonado por R.
    Felices 20 años de una compañía más.

  7. Avatar Juan di:

    Tido moi ben,teño o cable de conexiòn do router demasiado longo e pedin que me cortaran un cacho ou me deran un conector que o facia eu e parece que hai que pagar polo corte do cable algo asì como trinta euros por 5 minutos e dinme que si pago mantenimiento e gratis.Pa min e abusivo.Un saudo e a esperar que aterricen os low cost da fibra pois estonon o poderemos pagar en breve si non ao tempo