
A cobertura de R chega ao 80% de Galicia
En R esforzámonos, dende o inicio da nosa andaina, por levar os nosos servizos avanzados de telecomunicacións ata o último recuncho de Galicia. E concretamente nos últimos meses intensificamos os traballos de mellora e despregamento da nosa rede de fibra óptica para lle responder á demanda de cidadáns, empresas e municipios.
Niso somos pioneiros. Como che diciamos, hai máis de dúas décadas propuxémonos chegar ao maior número de persoas e negocios na comunidade, tarefa non sempre fácil, por mor da complicada orografía dalgunhas zonas do territorio, que nos fixo suar o noso.
Pero todo este esforzo pagou a pena porque xa sodes máis de 1.200.000 fogares e negocios da comunidade os que podedes desfrutar dos servizos avanzados de R: ata 500 megas, televisión dixital con deco Android 4K e servizo móbilR de última xeración, entre outras moitas vantaxes.
Algúns datos
Non che imos a aburrir con cifras, pero queremos compartir contigo algúns datos deste despregamento.
- 133 novos municipios incorporáronse á rede de R, directa ou indirectamente, en 2020.
- 275 municipios, case un 88% dos 313 que conforman Galicia, poden dispoñer xa dos servizos de R. Ou o que é o mesmo, preto do 80% do territorio de Galicia.
- Só grazas ao Plan Avanza, 65.000 novos fogares e empresas quedarán preparadas para recibir R a finais de 2021.
Despregamentos de R en “zonas brancas”
As “zonas brancas” son áreas con núcleos de poboación que ata o de agora non dispoñían de alta velocidade. E para chegar a eles, despregamos tecnoloxía FTTH en 512 núcleos dende 2018. Cando finalicen as actuacións adxudicadas a R polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital teremos chegado a 32.000 novos fogares e negocios.
Se sumamos esa cantidade aos 33.000 inmobles conectados desde 2016 grazas a outro Plan Avanza do Ministerio do que resultamos adxudicatarios, falamos de preto de 65.000 novas residencias particulares e empresas preparadas para recibir os servizos avanzados de R.
A fibra óptica de R, por núcleos
Se queres, podes comprobar neste mapa os núcleos nos que xa temos despregada rede de fibra óptica neste momento en Galicia:
Todo isto foi posible grazas a ti, porque es ti quen nos permites seguir crecendo día a día.
O compromiso de R con Galicia segue intacto.
Grazas pola túa confianza!
13 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Una verdadera pena que R no séa lo que fue por el inicio de cableGalicia y R gallega al 100% , donde daba gusto tener tus 2mbps en casa sin caidas y una atención de todos los departamentos que realmente daba gusto ser cliente.
Daba gustazo irte a la playa con la camiseta negra de R que regalábais a clientes,paraguas para el invierno y un largo etc , que no por los regalos sino pq (repito) daba gusto pertenecer como cliente a R.
Una pena que por culpa del dinero se tuvo que “vender” al mejor postor y lo que es R ahora… solo está vuestro edificio de la Grela y la R en grande,por lo demás intuyo que hasta el color de las paredes ha cambiado.
Una pena
PD: Un ex-cliente desde 1999 hasta 2017
Hola, Pablo.
Somos gallegos porque la sede social y fiscal de la empresa está aquí. Es en Galicia donde pagamos los impuestos. Es aquí donde creamos puestos de trabajo. Mis compañeros son de A Coruña, Arteixo, Rianxo, Porto do son… También donde invertimos cada año (ahora mismo llevamos más de 1.300 millones de euros) y en donde tenemos muchos proveedores locales con los que estamos trabajando desde el inicio de la empresa.
Euskaltel es una empresa precisamente muy comprometida con su territorio. Es como nosotros, pero en el País Vasco. Así que sabe que es fundamental no perder la identidad y conservar todo lo bueno que tenemos.
Un saludo.
Os datos que ofrecen vostedes como mínimo son engañosos.
Non seis de ónde quitan ese 80%, pero o certo é que no Concello de Boqueixón non existe R.
O despregamento doutras compañías en Galicia, como por exemplo Movistar, resulta evidente.
Javier I.D.
Ola, Javier.
Na nosa web, podes consultar a dispoñibilidade da nosa rede.
Seguimos a traballar para chegar o máximo número de municipios.
Un saúdo.
¡Excelente noticia y compromiso con Galicia! En un año ya estaremos hablando del 85 e incluso el 90% del territorio, algo que no sucede con ningún otro operador regional.
aquí en negreira me llega el 4g con 1 rayita y eso pasa desde que publicasteis esta noticia, no se si tendrá que ver pero ahora casi no veo a mi profe en las clases online, y con suerte le escucho
Hola, Kervin.
Te recomiendo que contactes con los compañeros de soporte técnico en el número gratuito 1449 opción 2 para que lo revisemos.
Un saludo.
Hola. Escribo desde el lugar de Casanova (Biduido). Somos 28 viviendas. Nos encontramos rodeados de Fibra, que desplegó el pasado 2020 Movistar Telefónica.
Desde esta empresa se nos dijo el pasado año que en el lugar que indico la fibra será desplegada por la compañía R.
Ustedes nos pueden confirmar este extremo. ?
Gracias
Hola, Javier.
¿Podrías pasarme las coordenadas de alguna de las viviendas para poder comprobarlo con desarrollo de red? Pásamelas, por favor, a la dirección: r-al-habla@mundo-r.net
Un saludo.
Poco importa tanta fibra se non dolucionafes os problemas de interferencias que estamos a ter alguna usuarios como eu. Llevo untemppads con ellas e o único 3 facedes e reiniciar a tv. Pero o problema sigue. Non extraña que a gente cambie de CIA.
Ola, Concepción.
Antes de nada, pídoche desculpas polas molestias ocasionadas. Se non o fixeches xa, é preciso que contactes co noso soporte técnico no 1449 marcando a opción 2 para que poidamos revisalo canto antes.
Un saúdo.
Hola! Sí. Contactei co servizo técnico cos primeros fallos. Hoxe veo un técnico. Espero solucionara o problema. Grazas .un saudo
Ola, Concepción.
Alégrome de que xa estea todo correcto e desculpa as molestias que che puideramos ocasionar.
Un saúdo.