menú
Febrero, mes del humor en R

Febreiro, mes do humor en R

11/02/2020
Blog R

En R queremos que febreiro sexa o mes da risa, máis aló da celebración do Entroido. Non perdas de vista o noso blog e redes sociais porque te faremos rir a gargalladas. Gañarás en saúde e pasarás un bo intre, garantido.

Emojis

Rimos de moitas maneiras, con risa contaxiosa, nerviosa, ruidosa, parva, maligna, coqueta… e escribímolo tamén doutras tantas, os do jijiji, os do jajajaja, os do juas juas juas… pero agora que parece que cobran por letras o que levan son os emojis. E o da risa con bágoas converteuse no máis usado no mundo, como certifica o Consorcio Unicode, a máxima autoridade na materia.

LOL

No medio deste vórtice de emoticonos e linguaxe whatsappero apareceu nas nosas vidas a expresión LOL (Laugh out loud), vaia, o rirse a gargalladas de sempre. E aquí queremos recuperar o anuncio de CampofríoLa tienda LOL, donde se compra el humor”, porque este post vai diso, de que vos riades un bo cacho. Xa se converteu nun clásico que conta con directores como Sánchez Arévalo que asina este anuncio de 2018:

Humor local

Nós tamén podemos presumir de humor local e con moita retranca. Mucha e Nucha, ou o que é o mesmo As Cantareiras de Ardebullo, con Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro; ou Os Tonechos, o dúo cómico formado por Roberto Vilar e Víctor Fábregas, convertéronse nun básico do humor en TVG dende a xanela de “Luar” e cos seus programas propios como “Land Rober”. A lista engrósana clásicos como Manquiña, Carlos Blanco, Luís Zahera, Rober Bodegas, Perdomo, David Amor ou Quico Cadaval, entre outros. Cal é o teu gag favorito?


Pero como non é o mesmo ver os cómicos na televisión que en directo, o humor deu o salto aos teatros. Os monólogos convertéronse pronto nos espectáculos máis vistos sobre os escenarios.

Risa saudable

A risa ten máis transcendencia do que pensamos. Se atendemos aos datos do “Primer estudio de opinión sobre la importancia de la risa para los españoles”, o 73% considéraa o motor da súa vida. Este informe realizado polo Observatorio da Risa, plataforma impulsada por La Vaca que Ríe xunto á Fundación Theodora, revela outro dato curioso. Queres saber con quen quedariamos para botar unhas risas? Os elixidos foron Dani Rovira, Will Smith e David Broncano.

Sobre os beneficios da risa escribíronse páxinas e páxinas. Co que tes que quedar é que axuda a liberar substancias como a dopamina, a serotonina, a adrenalina e as endorfinas, as hormonas da felicidade. Non en balde, a risa úsase como técnica para mellorar o noso estado anímico e mental na risoterapia.

E é que a risa lle sentará máis que ben á túa saúde: alivia a dor, reduce a tensión, mellora a memoria, alonga a vida, reforza as túas defensas, axuda á dixestión e a conseguir que luzas tableta nos teus abdominais.

O noso consello: Non tomes a vida tan en serio e ri máis de ti mesmo!

E ti, xa riches hoxe? Cóntanos que che fai chorar de risa.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar ENCARNA di:

    A un neno de dos anos chivandose a seus país de como besabanse o seus avos, un biquiño

  2. Avatar AM di:

    Que me fai chorar da risa? As continuas subidas na factura de R acompañada dunha notable baixada de calidade nos seus servizos.

    • blog R blog R di:

      Ola.

      Desde R o que buscamos é ofrecer un servizo avanzado e competitivo para que os nosos clientes teñan máis prestacións. Así, tras a mellora nas tarifas de móbil e nas velocidades da internet realizado en marzo e das melloras en teléfono fixo de agosto, melloramos o servizo do teléfono móbil, ofrecendo máis datos nas tarifas móbiles e un prezo máis axustado. Ademais melloramos a aplicación para ver a TV online e proximamente dispoñeremos de velocidades de 1 Gbps.

      Para poder realizar todas estas melloras actualizamos os prezos. Non é de noso agrado ter que retocar os prezos, pero é necesario para poder seguir mellorando día a día e prestarlle mellor servizo.

      Pedirche desculpas se estes cambios causáronche algunha molestia e como sempre indicarche que estamos á túa disposición para informarche sobre estes cambios, asesorarche sobre os teus servizos e ver outras opcións que se poidan axustar ás túas necesidades, nas nosas tendas, no teléfono gratuíto 1449 ou en fala-con-R@mundo-R.net

      Un saúdo.

  3. Avatar Jesús Rigueiro Balboa di:

    Cómo es posible que para el monólogo de Vigo, el viernes 6 de marzo, ya están las invitaciones dadas y siempre les toca a varios amigos míos y a mí nunca me envían correo de invitación. Cual es el procedimiento utilizado ¿????