menú

Chamadas facéndose pasar por R

20/02/2018
Blog R

Varios clientes avisáronnos de que recibiron chamadas sospeitosas facéndose pasar por R. O noso departamento xurídico xa está a traballar no tema, porque é algo moi grave . En todo caso, lembra que:

  • os nosos operadores sempre chaman dende Galicia. E en caso de dúbida, ou se o acento che fai sospeitar, sabes que sempre entendemos e falamos en galego (outros non).
  • se alguén che pide os 20 díxitos da conta bancaria, desconfía. En R nunca o facemos. Como máximo os seis últimos díxitos, para asegurarnos de que es ti o titular do servizo.

Aproveitamos para aclarar outra dúbida: en R NUNCA cedemos os datos de ningún cliente a outros operadores. Tomamos moi en serio a protección de datos de carácter persoal e nunca xogariamos con este tema. Ademais de que sería de parvos ofrecer estes datos á competencia, porque o único que gañariamos é perder clientes.

Imaxe de Esteban López

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

14 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Llilli di:

    Boas tardes:
    Confiei sempre en que non cedades os datos a terceiros, pero dende que a rede móbil pasou a ser a de Orange o acoso teléfónico por parte desta compañía foi enorme. ¿Casualidade ou causalidade?
    Eu non sei as condicións nas que firmades os contratos pero o que si sei e que non vos están dando a mesma calidade de cobertura que teñen os seus clientes.
    Eu levo derriba dous móbiles, un persoal de R e outro de Orange do traballo. Supostamente teñen a mesma cobertura, pois non. Nun tramo de 36 kms. o de Orange ten cobertura a tope, o de R queda sen cobertura, corte de chamada ou un tipo de descodificación que parece que falas con extraterrestres. Ata 5 tramos en 36 kms. Un deles de caseque 2 kms.
    Por se me preguntas xa o puxen en coñecemento do departamento correspondiente de R en creo que 4 ocasións. Seguimos igual, comproban e dín que está ben (non sei que tipo de comprobación farán).
    Iso si, Orange seguía a chamar o meu n° de R. E digo seguía por que deixaron de facelo no momento en que os ameacei con denuncialos a eles e a quen lles facilitou os meus datos.
    Penso que Orange está a aproveitarse de R.
    Por certo, Vodafone está facendo tamén dende hai unha semana unha campaña agresiva con ofertas so pa clientes de R.
    Un saudo.

    • Ola, Llilli.

      Insisto de novo en que en R NUNCA cedemos os datos a ningún outro operador. Nin a Orange, nin no seu día a Vodafone. A ningún operador.

      É máis, na web da CMT pódese saber que operador está detrás de cada liña. E dende logo non nos cambiamos de rede móbil para cederlles datos vosos e quedar sen clientes, porque non sería nin intelixente nin lóxico.

      En canto á cobertura, nós fixemos numerosas probas. E incluso se contratou a unha empresa externa. Fixeron probas coa nosa SIM e coa de Orange, en móbiles iguais. E a cobertura foi a mesma. Os terminais son o mesmo modelo? Dígoo porque iso afecta á cobertura tamén, algúns collen 4G, outros non están preparados porque non collen as mesmas frecuencias…

      Un saúdo.

      • Avatar Llilli di:

        Aplaudo a vosa protección de datos pero xa digo que me pareceu demasiada casualidade. Isto non quere dicir que Orange actue de boa fé. Segue sendo competencia.
        En canto ao que me preguntas provei as tarxetas no mesmo terminal e a mesma historia. Coa de R peor cobertura que coa de Orange. Da a sensación de que vos sirven “menos potencia” en beneficio dos seus clientes.
        Chámame desconfiado pero por mais comparacións que fixen con amigos que teñen R e outros con Orange chegamos a esa conclusión por outro lado nada demostrable claro.
        Eu aquí sigo, fiel a R, pero hai cousas que mellorar xa que en cobertura estábase millor coa outra compañía. Opinión persoal por suposto.

        • Ola, Llilli.

          Demostrable si que é. Se ti probas co mesmo terminal e a cobertura é diferente, é demostrable. Nós por contrato temos a mesma cobertura contratada, non ten que haber ningún tipo de discriminación.

          Por iso nos preocupamos de medir e revisalo. E ata o de agora nos estudos que fixemos a cobertura era exactamente a mesma, non vimos nada raro. E de verdade que somos os primeiros interesados.

          Un saúdo.

  2. Avatar Jorge di:

    Confirmo que en mi caso me han llamado un montón de veces desde Orange para ofrecerme cambiarme de compañía, curiosamente desde que R empezó a trabajar con sus antenas. Yo estoy muy a gusto en R, así que conmigo no han de tener suerte, aunque me ofrecieron regalarme un televisor, no me lo creo.
    Evidentemente deben tener un listado de los números de teléfono de R que pasan por sus antenas, y no digo que R se lo haya suministrado. Me parece una práctica desleal por parte de Orange.

  3. Avatar Suso PB di:

    Coincido con Llilli, o acoso de Orange é insoportábel, non é que cedades os datos, porén eles deben coñecer que números utilizan a súa rede e non son deles… (Como os de Vodafone no nadal que abandonábades a súa rede)… Pola miña banda, que molesteime en incluirme no listaxe Robinson, xa din conta á APD, para ver se poñe unha multa e se lle quitan as gañas de seguir molestando

  4. Avatar Jose di:

    No hace falta contratar a una empresa externa (contrata o lo que es lo mismo,le pagais 4 duros por no hacerlo vosotros mismos).
    Orange tiene mejor cobertura que R(omv) ,eso ya se sabia antes de las migraciones.
    Por muchas pruebas que hagáis ,difiere ,además habría que ver el posicionamiento del terminal en el vehículo,furgoneta ,si hay sido en estático o en movimiento y las vecindades definidas por Orange hacia R.
    Ddjad de engañar y dedicaos a solucionar los 100000000 microcortes que tenéis en los hitron.

  5. Avatar Claudio di:

    Que orange esta a facer a puñeta a R ninguen ten dubidas ainda que o mais curioso e que os primeiros dias do cambio a cobertura mellorou, na coiramia da Coruña, ata o punto de comunicarse dentro do ascensor pero despois, en poucos dias, baixarian potencia ata o punto de ser peor que cando Vodafone. No rural, Somozas, hay que colgarse da fiestra para poder falar e no que refire o 4G maravilloso teño comprobado que e mellor anular a opción no terminal pois perde moitas mais veces a sinal que con 3G preferida.
    O de bombardeo indiscriminado de Vodafone e Orange e moi certo, ofrecen ata un tv 4k de balde. Na enquisa de R recentemente xa puxen esta queixa

  6. Avatar Bienve di:

    Podéis pensar lo que queráis, pero estoy mirando todos los comentarios y la gente tiene razón desde que estamos en Orange solo tenemos caídas de señal, nunca se pone la señal a tope, cada poco nos quedamos sin cobertura. Marcha la señal y vuelve cada pocos segundos.

  7. Avatar Nolito di:

    Estaría ben que aclarásedes que non lle pedides os 20 díxitos do número de conta a xa clientes. Imaxino que se chamades a un cliente de outra compañía é preciso que faciliten os 20 díxitos para poder contratar.

    Saúdos

    • Ola, Nolito.

      Neste caso estabamos falando de chamadas a xa clientes. Un novo cliente ten que darnos esa información para pasarlle o recibo a finais de cada mes.

      A un xa cliente non lle pedimos nunca os díxitos completos porque xa os sabemos. Pero por seguridade pedimos os seis últimos. A un non cliente é necesario pedirlle os datos completos, non por seguridade, senón para poder avanzar a contratación. Son chamadas e casos diferentes.

      Un saúdo.

  8. Avatar Chelo di:

    Buenas tarde, a mi también me pasa con el bombardeo de Orange y Vodafone con llamadas para hacerme ofertas. Con referencia a la cobertura opino lo mismo que el comentarista anterior, desde que se cambio para Orange tenemos peor cobertura, tengo un móvil con 4G, tengo zonas que no tengo cobertura ninguna y la gente que está conmigo y son de otras compañías si tienen. Es un fallo muy grande por parte de R.