menú
YoMeQuedoEnCasa seguimos aquí para ti

#EuQuedoNaCasa seguimos aquí para ti

18/03/2020
Blog R

#EuQuedoNaCasa, e ti? Xestiona todos os teus servizos de R facilmente dende a túa casa. Como podes contactar con R estes días? Podes autoxestionar os teus trámites habituais a través da web, a web de clientes, a app (Android e iOS). Se a túa consulta pode esperar uns días, mellor envíanos un correo electrónico, e se o consideras un tema urxente, chámanos por teléfono.

tendas R

A tecnoloxía e as telecomunicacións están definidos como servizos críticos para a cidadanía, así que se nos necesitas atoparasnos tamén nas tendas R. Adaptamos os protocolos de atención en tenda para axustarnos ás recomendacións das autoridades sanitarias, polo que podes acudir con total tranquilidade, no horario de 10.00 a 15.00.

Aínda que estes días recomendámosche que realices as túas xestións de servizos de R dende a túa casa #EuQuedoNaCasa.

Web

Consulta todos os nosos servizos na web de R e realiza todas as túas xestións dende a web de clientes.

App

Nosa app axudarache a autoconfigurar os teus servizos R e realizar as xestións máis habituais dunha forma moi sinxela, como a configuración da túa wifi, xestión de avarías, consulta dos teus consumos, etc.

Descárgaa para Android e iOS.

Correo electrónico

Realiza aquelas consultas que creas que poidan esperar uns días, escribíndonos un correo electrónico á dirección: fala-con-R@mundo-r.net.

Teléfono

Para temas máis urxentes durante estes días, podes chamarnos por teléfono.

1449: atención ao cliente, avarías e servizo técnico. Para que teñas preto a alguén que che facilite información, che axude nas túas xestións e che solucione calquera problema sobre telefonía móbil, telefonía fixa, Internet ou televisión. Só tes que marcar o número gratuíto 1449.

+34 698 111 449: teléfono de atención ao cliente se te atopas no estranxeiro.

Como ves, tes moitas opcións para poñerte en contacto connosco. Recomendámosche facer un uso responsable das nosas canles de comunicación durante estes días para que podamos atender todas as túas consultas.

Estamos preto de ti!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required