menú
El primer año del Xacobeo 21-22 en cifras

O primeiro ano do Xacobeo 21-22 en cifras

08/02/2022
Blog R

Por primeira vez na historia, a Porta Santa non pechou ao terminar un Ano Santo. Esa é a excepcionalidade deste Xacobeo, que continúa o seu camiño neste 2022. Durante os próximos meses espérase ampliar a cifra de peregrinos de antes da pandemia.

Así nolo contou Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, que ademais repasa nesta entrevista os resultados do primeiro ano do Xacobeo 21-22. Queres saber como foi? Segue lendo.

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia

Que balance facedes deste primeiro ano do Xacobeo 21-22?

A pesar das circunstancias de pandemia que por desgraza se mantiveron tamén ao longo do ano pasado, e tendo en conta que durante os primeiros catros meses de 2021 as medidas adoptadas para facer fronte á COVID-19 impediron as viaxes internacionais e tamén entre as comunidades autónomas españolas, Galicia estivo á fronte da recuperación turística en España.

O ano pasado, Galicia superou en case o 90% as cifras de viaxeiros que se aloxaron nos hoteis da comunidade autónoma en 2020, o que nos sitúa como a segunda comunidade con mellor ritmo de recuperación a respecto do 2020. Neste sentido, Galicia recibiu 4,2 millóns de viaxeiros e rexistrou case 9 millóns de estadías nocturnas.

O 2021 péchase con case 180.000 compostelás seladas. Que previsión facedes para o 2022?

Malia as circunstancias, 2021 foi un ano moi positivo para o Camiño de Santiago, cando 180.000 peregrinos recibiron a Compostela, 40.000 máis que nosas mellores previsións no verán pasado. Hai que ter en conta que ata despois de Semana Santa a mobilidade entre países e comunidades autónomas apenas existiu e só a partir do mes de abril puideron recuperarse as peregrinacións a Santiago.

En 2022, todo vai depender da evolución da COVID-19, pero se todo vai ben, cremos que vai ser posible recuperar e ampliar as cifras de peregrinos do ano 2019.

Camino de Santiago
Cal foi a ruta do Camiño de Santiago que máis se fixo?

A ruta máis transitada en 2021 foi o Camiño Francés, seguido do Camiño Portugués e o Camiño Inglés.

E cal é o perfil do peregrino?

O ano pasado, máis do 65% dos peregrinos que fixeron o Camiño de Santiago foron españois, seguido dos portugueses. Fundamentalmente, recibimos máis peregrinos nacionais que estranxeiros debido á influencia da pandemia que restou moita mobilidade entre países. Con todo, ao longo de 2022, como apuntaba antes, esperamos recuperar e incrementar os fluxos habituais na Ruta xacobeo.

Como influíu o Xacobeo no turismo?

O Xacobeo é o mellor escaparate co que conta o turismo de Galicia para a súa promoción. É unha carta de presentación excepcional para un destino turístico da que ninguén máis pode presumir. A pesar das circunstancias, os datos turísticos de 2021 foron moi satisfactorios o cal, sen dúbida, foi debido na súa maior parte á influencia do Xacobeo.

O Son do Camiño-Perseidas

‘O Son do Camiño-Perseidas’ foi un dos fitos culturais do Xacobeo, pero houbo moitos máis. Como fostes adaptando estes eventos ás circunstancias de cada momento?

A situación sanitaria e as normas para preservar a saúde da cidadanía en relación coa influencia da COVID-19 marcaron o devir deste primeiro ano do Xacobeo 2021-2022. Fomos programando de acordo coas circunstancias sobre a base dun destino seguro para os visitantes, adoptando medidas pioneiras como o seguro coronavirus para viaxeiros e peregrinos e poñendo en marcha protocolos que fixesen segura a estancia no noso territorio. Neste sentido e á vista dos datos, podemos dicir que conseguimos transmitir a seguridade que reclama o viaxeiro para elixir un determinado destino.

Algún adianto do que nos espera para este segundo ano do Xacobeo?

En breve haberá moi boas noticias…

Moitas grazas, Nava Castro, por esta entrevista.

Estamos desexando coñecer todas as actividades que se van celebrar este segundo ano do Xacobeo 21-22.

Mentres, Camiña a Galicia!

+ info sobre o Xacobeo 21-22

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.