menú
crea R: consejos educativos sobre el uso de las nuevas tecnologías en los niños

Xa están dispoñibles todas as charlas dixitais crea R

23/06/2020
Blog R

As charlas crea R, as primeiras que realizamos de maneira virtual debido ás circunstancias actuais, foron un éxito. Se non puideches asistir ou queres volver velas, agora están dispoñibles ao completo na nosa canle de Youtube. Desfrútaas!

Queremos agradecer a túa participación dende casa nestas catro charlas informativas dirixidas á xeración que non naceu na era dixital. Esperamos que o pasases tan ben como nós e saques proveito a todos os consellos que escoitamos para que os nen@s usen ben as novas tecnoloxías.

crea R

Como xa sabes, levamos anos percorrendo Galicia con crea R: un dos proxectos nos que colaboramos coa Xunta a través da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), no marco do Plan de Digitalent.

crea R é unha proposta para familias que inclúe cursos de robótica (dirixidas a nen@s de 7 a 12 anos) e charlas sobre educación dixital para adultos. Debido ás circunstancias actuais, non podemos celebrar os talleres de robótica, pero si vos ofrecemos a posibilidade de unirvos ás charlas dende as vosas casas.

 

Funcionamento e uso das redes sociais

Explicamos como os nativos dixitais fan uso das redes sociais. Ensinámosche o seu funcionamento e uso. Que redes sociais hai, como se usan, cales son as máis populares. A que idade se empezan a utilizar, cales están de moda, cales marcan tendencia…

Mitos e verdades sobre a rede e a tecnoloxía

O obxectivo é informar e desmitificar que o uso de internet e as redes sociais son prexudiciais. Para iso falamos dos mitos e enuméranse as verdades sobre internet e a tecnoloxía.

Se preguntaches: A que idade podo comprar un móbil a un neno?, cantas horas podo deixar ao meu/miña fillo/a estar coa consola?, crea adicción a consola e o móbil?, debería limitar o uso de determinadas redes sociais?, a que idade pódese ter Instagram?, a que idade pódese ter WhatsApp?, a que idade pódese ter Tik Tok?…

Principais riscos de internet e mediación activa

Nesta charla dáse resposta a estas preguntas: Que riscos ten internet?, que é o grooming?, que é o sexting?, que é o cyberbulling?, en que consiste a mediación activa: Educar, Acompañar e Supervisar?, como podemos axudar aos nenos para xestionar os riscos dixitais?, que é o informe Eu Kids Online?, que dereitos teñen os nosos menores?

Identidade dixital positiva

Que vantaxes ten o uso de internet e a tecnoloxía para @s menores?, como axudan a desenvolver a súa creatividade e talento?, como mellora o crecemento persoal e profesional?, que é a reputación dixital?

Esperámoste moi pronto con máis charlas crea R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.