menú

Digitalent: formando a adultos e nenos en novas tecnoloxías

08/10/2018
Blog R

Ola. En R estamos comprometidos coa tecnoloxía e cos nosos clientes. Por iso cremos que non só é fundamental fomentar a imaxinación dos máis pequenos e formalos para que aprendan mentres se divirten, senón tamén que os adultos teñamos información sobre o uso de internet e os móbiles.

É por iso que percorremos diferentes localidades de toda Galicia ofrecendo talleres para uns e para outros. Estas accións enmárcanse dentro do plan DigiTalent, promovido pola Xunta de Galicia, para o desenvolvemento do talento dixital en Galicia.

crea R: talleres de robótica para cativos

crea R é un proxecto educativo e innovador que ten como obxectivo a posta en marcha de distintos obradoiros en concellos de Galicia, fomentando a aprendizaxe e contribuíndo ao desenvolvemento de habilidades emprendedoras.

Está pensado para nenos de 7 a 13 anos. A idea é que programen e deseñen un pequeno robot, que deixen voar a súa imaxinación mentres traballan dunha forma divertida e que todo isto o fagan xunto a outros nenos.

Datas de crea R

Deixámosche as datas nas que se realizarán os talleres de crea R:

  • Baiona: 6 de outubro (realizado)
  • Silleda: 13 de outubro (realizado).
  • Ribadeo 20 de outubro.
  • Tui: 27 de outubro.
  • Caldas de Reis: 3 de novembro.
  • O Porriño: 10 de novembro.
  • Santa Comba: 17 de novembro.
  • A Coruña: 24 de novembro.

nativos R: consellos de uso responsable para titores

Como nai, avó, titora ou padriño dun neno, de seguro que máis dunha vez te preguntaches se estará demasiado tempo no ordenador ou se ao entrar nas redes sociais o expoñemos a algún perigo. Por iso organizamos os charlas informativas gratuítas dirixidas á xeración que non naceu na era dixital: nativos R.

Do que se trata é de coñecer cando se fai un bo uso de internet, das redes sociais e dos móbiles. Estará impartida por expertos que darán as claves sobre como e canto usar as novas tecnoloxías.

Datas de nativos R

Velaquí as datas dos talleres nativos R:

  • Silleda: 13 de outubro (realizado).
  • Cee: 9 de novembro.
  • O Carballiño: 17 de novembro.
  • Verín: 22 de novembro.
  • A Coruña: 24 de novembro.
  • A Guarda: 14 de decembro.
  • Sarria: data pendente.

Como apuntarse

Fica atento a blog.mundo-r.com porque uns 10 días antes de cada charla ou obradoiro sacaremos información específica de cada concello, indicándoche como tes que facer para conseguir as túas entradas gratuítas.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Ruth Vazquez di:

    Buenos dias, nosé si es necesaria la inscripción para el taller Crea R, en caso afirmativo quería inscribir al taller de Tui el día 27 de outubro, a dos niños: Laura de 9 años y Carlos de 7 años

  2. SONIA CAMINO di:

    QUIERO INSCRIBIR A MI HIJO DE 11 AÑOS PARA EL TALLER CREA R EL DÍA 27 EN TUI, PODRÍA HACERLO ONLINE?

  3. Patricia di:

    Hola, estaba interesada para el taller de Porriño, a dónde me tengo que dirigir? Muchas gracias