menú

3ollos R permite a descarga dos vídeos gravados

08/01/2018
Blog R

3ollos R é o servizo de domótica de R. Este sistema de dispositivos interconectados a través da rede permíteche saber e controlar, o que sucede na túa casa en todo momento. Podes consultalo en calquera momento dende o teu terminal móbil (a través da app para Android ou iOS) ou dende o ordenador.

A cámara de 3ollos R graba cando ti queres, unha vez que configuras unha regra. Por exemplo, se queres que se rexistren as imaxes do teu cuarto cando haxa movemento, configuras esa regra (gravar cando haxa movemento e estea fora da casa), e na sección de configuración da aplicación. A partires dese momento, a gravación iniciarase de xeito automático cando detecte que algo se move.

Ata 30 días

Por outra parte, podes activala se o estás a ver en directo e hai algo que che interesa gardar. O vídeo conservarase na biblioteca 30 días por defecto. Durante este periodo podes acceder cando queiras dente calquera dispositivo. E tamén é posible almacear unha gravación de forma indefinida premendo sobre a opción “non borrar”.

Todo isto foi creado para darche tranquilidade, permitindo que teñas un control activo sobre a seguridade do teu fogar. Algo que non sucede cos sistemas de alarma ao uso, que son pasivos. Pero en R sempre queremos máis, e sempre traballamos para mellorar os nosos servizos.

Como para nós o máis importante é a túa opinión, detectamos que moitos de vós pediades a posibilidade de descargar os vídeos que se xeran. Por iso decidimos incorporar esta suxestión ao plan de melloras de 3ollos R.

Como funciona?

Podes descargar a gravación dende un ordenador. O proceso de descarga pode variar segundo o navegador que utilices.

En Google Chrome, como podes ver na siguinte imaxe, aparecerá a opción de descarga nun botón dentro da propia web de usuario de 3ollos R.

plataforma de descarga vídeo 3ollos R

En Firefox e noutros navegadores, abrirase o reproductor e só tenrás que facer clic no botón dereito. Despregado o menú, debes seleccionar a opción de descarga correspondente -“Guardar vídeo como…” no caso de Mozilla Firefox.

plataforma de descarga vídeo 3ollos R

Agardamos que che guste esta mellora. Xa che iremos contando máis cousiñas de 3ollos R nas que estamos traballando.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Santiago Basalo di:

    Necesito un enchufe ciego que es para dar mas acceso a 3ollos, estubimos de pintura y lo extraviamos, si me lo pudieran enviar a [BORRADO POR EL MODERADOR] os lo agradeceria mucho. Alli o por factura lo abonare. Saludos espero que este pedido llegue a buen puerto.