menú
Dépor Genuine y Celta Integra peregrinan con R a Santiago

Dépor Genuine e Celta Integra peregrinan con R a Santiago

02/07/2021
Blog R

O Camiño de Santiago podémolo facer todos! Só fai falta botarlle ilusión. A mesma que onte demostraron os xogadores do Dépor Genuine e Celta Integra que, como un só equipo, camiñaron con paso firme a Compostela nesta iniciativa tan bonita que organizamos dende R.

E é que como patrocinadores do Dépor e do Celta en laLiga Genuine, que disputan equipos formados por xogadores/as do colectivo DI (persoas con Discapacidade Intelectual), queremos visibilizar o forte potencial que teñen estes mozos/as.

Cada tempada demóstrannolo no terreo de xogo e onte fixérono fóra del, percorrendo o Camiño de Santiago. Un camiño que é lugar de encontro permanente e sempre integrador, pero sobre todo que nos ensina os valores de equipo, solidariedade, inclusión e integración de culturas.

Dépor Genuine y Celta Integra peregrinan con R a Santiago

Peregrinos de excepción do Xacobeo 21-22

Os futbolistas do Dépor Genuine e do Celta Integra percorreron o tramo máis especial do Camiño de Santiago, a última etapa. Esa en a que xa se divisa Santiago dende o Monte do Gozo, anunciando que a meta está moi preto.

Acompañados de familiares e amigos/as, o grupo formado por ao redor dun centenar de persoas camiñou os case 5 quilómetros que separan o Monte do Gozo da praza do Obradoiro.

E recibiron o seu Pasaporte do Peregrino para que, dende xa mesmo, poidan completar o Camiño de Santiago neste Xacobeo 21-22.

Dépor Genuine y Celta Integra peregrinan con R a Santiago

Reforzar lazos e recargar a ilusión

A andaina, impulsada por R en colaboración coa Fundación Real Club Deportivo e coa Fundación Celta de Vigo, ademais da Xunta de Galicia, significou moito despois dun ano tan difícil.

Así nolo comentaba Gelines Romero, directora da área social do RC Deportivo: “despois dun ano sen poder organizar actividades de grupo, co que elo supón nun equipo moi unido a nivel afectivo nas últimas temporadas, esta andaina simboliza de novo os primeiros pasos cara a recuperación gradual da normalidade na actividade do Dépor Genuine. Facelo ademais camiñando, o que permite charlar e compartir bos momentos cos compañeiros de equipo e cos amigos do Celta Integra, serve para reforzar lazos entre os proxectos sociais de ámbalas dúas entidades e recargar a ilusión por un dos proxectos máis destacados de cantos temos na Fundación RC Deportivo”.

Para Alex Abalde, adestrador do Celta Integra, esta actividade supuxo “volver a cruzar os camiños dos rapaces e rapazas do Depor Genuine e Celta Integra. E que mellor forma de facelo que compartindo o Camiño de Santiago. Os lóxicos nervios iniciais convertéronse en alegría polo reencontro de ambos os dous equipos, nunha andaina chea de ilusión, diversión e moitos sorrisos. Ambiente inmellorable que rematou coa esperada chegada á Praza do Obradoiro, momento máxico e inesquecible, que os rapaces e rapazas viviron con gran emoción e satisfacción”.

Dépor Genuine y Celta Integra peregrinan con R a Santiago

Xacobeo 21-22

A andaina enmárcase dentro das actividades de patrocinio do Xacobeo 21-22, ao que R presta o seu apoio. Porque para nós, vai máis aló do acontecemento de interese excepcional e de simbolismo pleno que sen dúbida representa; o Xacobeo é Galicia, para os de aquí e para os que nos visitan.

E ti cóntanos, estás a pensar en facer o Camiño de Santiago?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.