menú
declaracion-renta-galicia

Declaración da renda Galicia: datas, cita previa, deducións e tramos IRPF

10/04/2023
Blog R

O martes 11 de abril arrinca unha nova campaña da Renda: 2022-2023. A partir dese momento, xa podes realizar a declaración a través de internet ou, uns días máis tarde, solicitar a túa cita previa para facela de forma telefónica ou presencial. Toma nota das principais datas a ter en conta, deducións estatais e autonómicas e as novidades nos tramos do IRPF en Galicia.

Antes de sentar a facer a declaración, a primeira gran dúbida que debes resolver é saber se estás obrigado/a a presentar a declaración da renda.

Para responder esta pregunta, debes ter en conta as fontes das que procede cada renda e que cantidade corresponde a cada unha delas (no caso de que sexan varias). Porque non é o mesmo, por exemplo, se se trata de rendementos do traballo que se son rendementos de capital mobiliario ou inmobiliario ou ganancias patrimoniais.

De forma xeral, se ingresaches máis de 22.000 euros procedentes dun único pagador ou 14.000 euros de varios pagadores, a resposta é si, tócache facer a declaración da renda.

Modalidades de Declaración da Renda

Con carácter xeral, a declaración do IRPF preséntase de forma individual.

Con todo, as persoas integradas nunha unidade familiar poden declarar de forma conxunta.

Unha unidade familiar está integrada, en caso de matrimonio, polos cónxuxes, fillos menores e aqueles maiores de idade con algún tipo de discapacidade recoñecida ou incapacitados xudicialmente.

Cando non existe matrimonio ou nos casos de separación legal, a unidade familiar inclúe ao pai ou a nai e á totalidade dos fillos que convivan cun ou outro.

É importante saber que, se algún dos membros da unidade familiar presenta declaración individual, os restantes membros tamén deberán utilizar este mesmo réxime e que para realizar unha declaración conxunta existe unha contía mínima por contribuínte, correspondente a 5.550 € anuais.

Como se obtén o borrador da declaración da renda

Actualmente, a forma máis habitual de realizar a declaración da renda é a través de internet. Neste caso, o borrador de declaración xérase e obtense a través do servizo Renta WEB.

Así que para chegar a el debes ir ao apartado “Renta 2022” da web da Axencia Tributaria e facer clic na opción “Servicio tramitación de borrador / declaración (Renta WEB)”.

Unha vez que te identifiques, terás acceso ao teu borrador de declaración, no que xa deberías ver incorporados de maneira automática a gran maioría dos teus datos fiscais. Podes revisalos, modificar, engadir ou suprimir o que estimes necesario e, finalmente, presentar e aprobar o borrador de declaración.

Se non estiveses de acordo co borrador de declaración xerado nin cos datos indicados, o programa Renda Web permíteche elaborar a túa propia declaración introducindo os teus datos. Iso si, os cálculos realizaraos automaticamente o propio programa.

Sexa dun modo ou doutro, cando teñas o borrador cos datos correctos e completos, debes ir a “Aceptar” para enviar a túa declaración, indicando a forma de pago ou devolución, os prazos e o IBAN da túa conta corrente.

Como identificarte para acceder ao borrador da declaración da renda

Para acceder aos teus datos fiscais do exercicio ou de exercicios anteriores e antes de realizar calquera xestión terás que identificarte con algún dos sistemas de identificación establecidos: Cl@ve PIN, número de referencia, certificado electrónico ou DNIe ou TOKEN.

A Cl@ve PIN é un sistema de identificación exclusivo para persoas físicas que require estar rexistrado previamente en Cl@ve. Se non dispós de certificado electrónico, podes rexistrarte por internet solicitando unha carta de invitación que enviarán por correo postal ao teu domicilio fiscal ou completando o rexistro co código Seguro de Verificación (CSV).

O número de referencia é o que indicas se elixes “Acceder identificándose con Referencia” e correspóndese co apartado 505 da túa última declaración da renda.

As outras dúas opcións de identificación son mediante o teu Certificado ou DNI electrónico ou a través dun TOKEN, unha clave temporal para actuar en nome propio ou en nome de terceiros a través da canle telefónica.

Deducións na declaración da renda 2022 en Galicia

É fundamental revisar as deducións e desgravacións das que te podes beneficiar.

Lembra que para introducilas ou modificalas debes facer clic en “continuar coa declaración” na parte superior e ir enchendo as distintas casiñas e páxinas.

Seguramente xa teñas en mente as principais deducións que se aplican no teu caso, pero cada ano hai novidades, así que repasamos algunhas das máis habituais das que podes beneficiarte se vives en Galicia:

  • Achegas a plans de pensións, que se declaran como rendementos do traballo. A achega máxima que se pode desgravar nos plans de pensións privados individuais reduciuse a 1.500 euros.
  • Adquisición ou alugueiro de vivenda habitual. No caso de compra, sempre que se realizara antes de xaneiro de 2013. Se se trata dun alugueiro, a dedución estatal só aplica a arrendamentos anteriores a 2015 e para inquilinos/as con rendas inferiores a 24.107 euros, aínda que existen tamén deducións autonómicas específicas en Galicia para menores de 35 anos. Podes consultar requisitos e detalles na páxina web da Agencia Tributaria.
  • Nacemento ou adopción.
  • Familia numerosa.
  • Acollemento de menores. Ata 300 euros por cada menor en réxime de acollemento familiar.
  • Coidados de persoas maiores de 65 anos e con algún tipo de discapacidade.
  • Gastos en novas tecnoloxías derivados de contratar a conexión de liñas de alta velocidade para uso exclusivo no fogar.
  • Adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación con domicilio social e fiscal en Galicia ou en empresas que desenvolvan actividades agrarias.
  • Doazóns con fins innovadores ou científicos.
  • Investimentos en materia de eficiencia enerxética ou climatización en vivendas.
  • Tramos de IRPF en Galicia para a Renda 2022-2023

    Entre as novidades tributarias deste ano destacan os tramos autonómicos.

    En Galicia, rebaixouse do 9,4 ao 9% o tipo mínimo impositivo, o do primeiro tramo da tarifa aplicable á base liquidable xeral. Ademais, os tres primeiros tramos quedan nun 4,3%.

    Así quedan os tramos de IRPF en Galicia:

  • De 0 a 12.985 €, o tipo aplicable é un 9,00%.
  • De 12.985 € a 21.068 €, o 11,65%.
  • De 21.068 € a 35.200 €, un 14,90%.
  • De 35.200 € a 60.000 €, un 18,40%.
  • E de 60.000 € en diante, aplica un 22,50%.
  • Como solicitar cita previa para a declaración da renda en Galicia

    Como che dicimos, a web e as apps da Axencia Tributaria permítenche facer a declaración da renda de forma íntegra e cómoda a través de internet.

    Pero tamén contas coa opción de realizala a través do teléfono ou de forma presencial nas oficinas de Facenda ou de entidades colaboradoras.

    Neste caso, a partir do día 3 de maio podes solicitar a túa cita previa para atención telefónica, opción que xa estará plenamente operativa dende o 5 de maio.

    Para iso, a AEAT pon en marcha o “Plan Le Llamamos”, para o que podes contactar a través da páxina web ou da app da Axencia Tributaria ou a través dos teléfonos 91 553 00 71 ou 901 22 33 44 (de luns a venres, de 09:00 a 19:00 horas) e 91 535 73 26 ou 901 12 12 24 (teléfono automático).

    E a partir do día 25 de maio tes tamén a posibilidade de solicitar cita previa para atención presencial polas mesmas vías, excepto o teléfono automático. As citas presenciais realizaranse dende o día 1 de xuño.

    O día 29 de xuño é o último día que podes solicitar cita previa para a campaña da renda 2022 pois finaliza ao día seguinte, o venres 30 de xuño.

    Onde facer a declaración da renda en Galicia

    Contámosche as oficinas da Axencia Tributaria en Galicia, onde poderás acudir a facer a declaración da renda tras pedir cita previa.

    Oficinas da Axencia Tributaria na provincia de A Coruña

    Betanzos
    Praza da Constitución, 9. 15301, Betanzos, A Coruña
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 981 77 65 16

    Carballo
    Avenida Ambulatorio, s/n. 15100, Carballo, A Coruña
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 981 70 34 11

    Cee
    Rúa Europa, 1 15270, Cee, A Coruña
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 981 74 63 11

    Ferrol
    Rúa Telleiras s/n. 15406, Ferrol, A Coruña
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 981 35 65 40

    Ortigueira
    Avenida da Constitución, s/n. 15330, Ortigueira, A Coruña
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 981 40 00 22

    Administración Ribeira
    Praza dos Mariñeiros, 10. 15960, Ribeira, A Coruña
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 981 87 25 00

    Santiago de Compostela
    Rúa de Manuel María, 5 15705, Santiago de Compostela, A Coruña
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 981 58 40 40

    A Coruña
    Rúa Comandante Fontanes, 10. 15003, A Coruña, A Coruña
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 981 20 13 00

    Oficinas da Axencia Tributaria na provincia de Lugo

    Foz
    Rúa Álvaro Cunqueiro, 33. 27780, Foz, Lugo
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 982 13 35 12

    Monforte de Lemos
    Rúa Veiguiñas, 43. 27400, Monforte de Lemos, Lugo
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 982 40 37 61

    Lugo
    Rúa da Raíña, 2. 27001, Lugo, Lugo
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 982 28 55 00

    Oficinas da Axencia Tributaria na provincia de Ourense

    O Barco de Valdeorras
    Rúa Lugo, 1. 32300, O Barco de Valdeorras, Ourense
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 988 32 17 47

    Carballiño
    Rúa de Alberto Vilanova, 22 32500, O Carballiño, Ourense
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 988 27 34 11

    Celanova
    Rúa Encarnación, 44 32800, Celanova, Ourense
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 988 43 17 90

    Verín
    Rúa Colón, 2 32600, Verín, Ourense
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 988 41 15 10

    Ourense
    Rúa Santo Domingo, 25. 32003, Ourense, Ourense
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 988 23 25 11

    Oficinas da Axencia Tributaria na provincia de Pontevedra

    A Estrada
    Avenida Benito Vigo, 51. 36680, A Estrada, Pontevedra
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 986 57 22 11

    Ponteareas
    Avenida de Galicia s/n 36860, Ponteareas, Pontevedra
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 986 64 15 25

    Tui
    Praza San Fernando, 2. 36700, Tui, Pontevedra
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 986 60 04 00

    Vilagarcía de Arousa
    Rúa Elpidio Villaverde, 3 36600, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 986 50 64 11

    Pontevedra
    Avenida María Victoria Moreno, 45 36003, Pontevedra, Pontevedra
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 986 85 15 31

    Vigo
    Rúa Lalín, 2. 36209, Vigo, Pontevedra
    Horario: de 9 a 14 horas.
    Teléfono: 986 20 24 11

    Así que, cando realices a túa declaración da renda a través de internet, por teléfono ou de forma presencial, revisa sempre que os teus datos fiscais están correctos e bota un ollo ás novidades e diferentes deducións aplicables cada ano.

    subscríbete ao boletín
    recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
    * This field is required