menú

Así se usou o servizo de R durante o 2017

11/01/2018
Blog R

Parece que foi onte cando estabamos a comer as uvas en Noiteboa para despedirnos do 2017 e darlle a benvida a un novo ano.

Atrás deixabamos 365 días cheos de lembrazas, de bos momentos con familiares, amigos e coñecidos. Por iso quixemos resumir nesta pequena infografía o uso que fixeches (ti e o resto de clientes) dos nosos servizos.

Móbil

En primeiro lugar, o móbil foi o rei indiscutible. Grazas ao 4G puideches exprimir ao máximo os teus datos para entrar en Facebook, Instagram, ver vídeos, contestar correos…

Nin máis nin menos que 6.400 TB de tráfico. Que xa é dicir 

Televisión

O rebobina tamén se converteu nun servizo imprescindible para ti. As series cada vez son mellores e velas á hora que queremos é marabilloso. Por iso se reproduciron máis de dous millóns de plays cada mes en rebobina. Así ata os 25 millóns en todo o 2017.

Pola súa banda, tv comigo logrou os 2 millóns de sesións. Non só vemos a tele no salón, senón tamén no móbil, na tablet e no ordenador, e iso ben se nota.

wificlientes R

En canto a wificlientes R, contamos con 137.000 accesos por toda Galicia e  con 208.000 usuarios rexistrados.

Cada día houbo de media 1,3 millóns de sesións e un tráfico de case 6 TB. Vamos, que o usades e moito.

O 2018 acaba de comezar, pero de seguro que a cousa irá medrando. Precisamente iso é o que buscamos, que che sexan útiles os nosos servizos e os uses ben usados 

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

  1. Alex di:

    Sabéis si aumentará la velocidad del WificlientesR este 2018?

  2. Fernando di:

    Teneis que estar orgullo@s, del funcionamiento de la Compañía.Muchísimas gracias por el excelente servicio y lo más importante la atención hacia los clientes.
    Noraboa!!

  3. bel di:

    desde ayer no se ve eurosport en la app movil, y en el pc se ve, pero no se oye