menú

Curtis e Teixeiro xa dispoñen de fibra óptica de R

17/04/2019
Blog R

O municipio coruñés de Curtis xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

O operador galego vén de rematar nos núcleos de Teixeiro e de Curtis parte das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que están a aproveitar ao máximo as infraestruturas municipais destas localidades. Así, arredor de 450 empresas e fogares deste concello coruñés están xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R, e serán un total de 900 residencias particulares e negocios os que queden conectados á rede do operador galego cando se completen todos os traballos en Teixeiro e Curtis.

8 millóns de investimento

Este e outros despregamentos na provincia da Coruña forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que en R fomos adxudicatarios en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Xunto co da provincia da Coruña, a R adxudicáronnos outros dous proxectos; un, para as provincias de Lugo e Ourense e outro para a de Pontevedra. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na provincia da Coruña o investimento total rolda os 3,8 millóns de euros, dos cales 2,1 proceden dos fondos europeos.

Máis de 30.000 novos fogares e empresas

Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. Entre eles, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto e moito máis cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe do concello de Curtis

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

12 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Francisco di:

    Buenas, para cuando R en Maianca (Oleiros)? Llevamos tiempo y tiempo esperando. Muchas gracias.

  2. Avatar Jose luis di:

    Hola.
    Para cuando daréis servicio en Porto do son? Pues ya lleva tiempo el cableado instalado.
    Además esta red es exclusiva vuestra o otros operadores pueden usarla

    • Hola, José Luis.

      Como bien comentas, estamos trabajando en el despliegue de la red. Es un tema complejo, porque no solo es cablear las calles y conectar la red con los edificios, sino conectar la red del municipio con la general, donde se interconecta con la de Galicia.

      Tenemos plazos internos, como es obvio, pero en R preferimos hablar con hechos. Así que en cuanto esté activada, como ha sido en el caso de Curtis, lo anunciaremos.

      Si todo va bien, en todo caso, te adelanto que sería el segundo próximo ayuntamiento que anunciaríamos por aquí 😉

      Un saludo.

  3. Avatar Santi di:

    En la calle de Curtis en la que resido no hay despliegue de Fibra, me gustaria saber porque en calles si optan con fibra y otras no dado que nuestra calle es una de las más reconocidas del Ayuntamiento.

  4. Avatar Carlos di:

    Para cuando se pondrá o esta previsto la fibra óptica en el concello de cariño, Código postal 15360

  5. Avatar Juan di:

    Yo quiero poner R en mi piso como tengo que hacer