menú
creaR-youtubers

Mamá, quero ser youtuber

19/02/2019
Blog R

Sóache esta frase? É que ser youtuber é a cuarta profesión máis desexada por nenos e adolescentes en España, só por detrás de clásicos como futbolista. Sobre estes e outros temas falaremos nos nosos obradoiros para pais e nenos, crea R.

Juan García e Raúl Ordóñez, divulgadores en materia de educación dixital en Sherpa Digital, axudarante a entender como se relaciona o teu fillo con internet e as novas tecnoloxías. Responderemos a por que Youtube lles gusta tanto e como é algo positivo para eles, pero sobre todo, como acompañalos nesta aventura. Ademais, en paralelo os pequenos poderán asistir a un obradoiro de robótica para nenos de 7 a 12 anos, que organizamos da man de Líbolis.

A profesión de moda

Botan o día a falar de El Rubius, de Auroplay, Willyrex ou do Ninja e ti non sabes de que vai a película. Son youtubers de referencia, que son creadores de contido para Youtube, igual que os hai para a tele. Xa non é que a canle máis utilizada polas novas xeracións sexa o móbil, senón que hai un salto xeracional nos gustos, os máis novos buscan referentes que sexas os seus iguais, xente que utilice unha linguaxe máis próxima e lles fale de temas que lles interesan.

É unha falacia dicir que os nenos están todo o día co móbil, en palabras de Juan García, “se estiveran todo o día co móbil non terían nada que contar no móbil”. Xa que internet é unha canle máis que debemos deixar de demonizar e comezar a “atopar matices, e non volvernos tolos”. De feito, hainos que teñen tanto que contar que se fan canles de Youtube para compartilo.

Para outras xeracións, internet é aínda un gran descoñecido, que xera receo e inseguridade. Un dos primeiros erros máis comúns neste campo é deixar que os nenos se autoxestionen, baixo o pretexto de que eles saben máis. Unha educación sobre o bo uso da tecnoloxía e internet é tan fundamental como as normas básicas de educación social: pide as cousas por favor e dá as grazas, non aceptes cousas de estraños na rúa, non digas a túa dirección da casa a ninguén por Facebook. Ao final, é sentido común, como todo o que lle ensinaches ao teu pequeno ata agora.

<

/center>

O monstro de internet

Debes comezar a intentar entender, que é e por que lle gusta tanto. É algo así coma un gremlin, verdade? Un adorable e encantador bicho, susceptible de volverse un ser tenebroso. De verdade, prometido, cando se trata de internet o sentido común axudarache no 90% das situacións.

 

Os novos heroes de Youtube

Unha das cousas que máis lles gusta aos nenos e adolescentes no universo de internet é Youtube e os seus youtubers. Pero, que é iso de ser youtuber? Pódese dicir que é unha profesión, en palabras de Juan García “é un creador de contidos para Youtube”, igual de lícito que crear contidos para a televisión.

Youtube é un universo onde todo colle e cada un pode explotar aquilo que máis lle interesa. Así que se o teu fillo quere ser youtuber, busca referentes que falen de temas que a el lle interesan. Poden ser divulgadores científicos, expertos en cómics, en xogos tipo Fortnite, FIFA e un longo etcétera.

Fomentar a creatividade

Grazas ao acceso que internet e as novas tecnoloxías nos deron a todos os campos, os nenos teñen cada vez intereses máis dispares e ademais é que saben moito sobre eles. Por que ver iso como unha desvantaxe? Ao final, o móbil e o ordenador son unha canle máis, como a radio ou a televisión e o único que debe preocuparnos é a que tipo de contidos acceden os nenos.

Se lles ensinamos onde buscar, ser youtuber pode ser unha profesión, quizais teñas na casa un gran crítico de cine cuxos vídeos teñan millóns de visualizacións e animen a outros nenos de todo o mundo a descubrir grandes títulos. Ao mellor o teu fillo ou filla é o mellor xogador de Fortnite do mundo e pode ensinar a outros adolescentes como dominar á perfección a técnica dun videoxogo. Pero a maneira de acadar este soño é coa túa axuda e guía, e nas charlas para pais de crea R contámosche como podes facelo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.