menú

Taller de robótica con crea R en Ribadeo

08/10/2018
Blog R

Continuamos cos obradoiros de Crea R! E esta vez levámonos os robots a Ribadeo para aprender a dar vida a diferentes obxectos coa programación. O sábado 20 de outubro, márcao no almanaque!

Que imos facer

Os talleres terán unha duración de dúas horas nas que os nenos construirán e programarán robots, marcadores de puntos e coches.

Aprenderán programación, construirán a estrutura e verán como os obxectos toman vida grazas ao que acaban de aprender. Farán que un robot camiñe, que o marcador leve os puntos dos equipos nun partido e que o coche acelere.

Para todas as idades

Contamos con diferentes obradoiros segundo a idade do neno:

  • 10:00 h a 12.00 h para nenos de 7-8 anos
  • 12:00 h a 14.00 h para nenos de 9-11 anos
  • 16:30 h a 18.30 h para nenos de 12-15 anos

Como apuntarse

Apuntarse é moi sinxelo. Só tes que achegarte á tenda R na rúa Galicia, 28, en Ribadeo. Alí poderás solicitar o convite,  pero bule porque hai 60 prazas!

O horario de atención é de luns a venres de 10:30h a 13:45 e de 16:30h a 20:00h, e o sábado de 10:30h a 13:30h. Tamén podes contactar con eles no 982.885.493.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Lucre Pèrez di:

    Hola vivimos en silleda y tengo un niño de 8 años fuimos hoy a retirar la entrada para el taller de robótica y ya se agotaron quería saber si tiene posibilidades de aceptarlo… él está muy entusiasmado gracias