menú

creaR en Open Science Cambre

03/09/2021
Blog R

Un ano máis, R patrocina o OPEN SCIENCE CAMBRE, que terá lugar o sábado 18 e o domingo 19 de setembro en formato online e presencial; un plan educativo pensado para vivir e gozar en familia co que queremos que vos acheguedes un pouco máis ás novas tecnoloxías.

crea R é unha iniciativa de R para fomentar a aprendizaxe e o emprendemento mediante habilidades emocionais e sociais para nenas e nenos de 7 a 12 anos. Nesta ocasión, no OPEN SCIENCE CAMBRE cativos e cativas achegaranse, xogando, aos conceptos básicos a través da plastilina e aprenderán a deseñar un sistema automatizado nos talleres de robótica crea R.

Que talleres haberá?

Cidades condutivas. Taller para nen@s de 7 e 8 anos.

Os participantes aprenderán conceptos básicos de condutividade a través da plastilina condutiva construíndo a maqueta dunha cidade e moldeando dunha maneira máis creativa con este material condutor de electricidade. Para terminar, acenderán diversas loces LED da propia maqueta.

Sala de operacións. Taller: Para nen@s de 9 e 10 anos.

Aprenderán conceptos básicos de condutividade e sinais dixitais, así como o funcionamento dun curtocircuíto dunha maneira educativa e divertida mediante a creación dun ‘xogo de operacións’ que deseñarán e programarán ao seu gusto. Todo iso a través da chamda placa microbit e de diferentes elementos electrónicos.

Sistema de rega intelixente. Taller para nen@s de 11 e 12 anos.

Aprenderán a deseñar un sistema automatizado que detecta o nivel de humidade e a temperatura das plantas para saber cando deben regarse, baseándose en sensores de humidade, un sensor térmico integrado e unha placa controladora. Ademais, crearán un sistema que sirva para comprender os datos obtidos dunha forma visual e amigable.

Onde?

No espazo R do patio do Colexio Wenceslao Fernández Florez.

Cando?

O sábado 18 de setembro de 2021 de 12:00 a 14:00 horas.

Como podo inscribirme?

A través desta ligazón. Os obradoiros son gratuitos, pero, ollo!, lembra que as prazas son limitadas.

E se quedo con dúbidas?

Escríbenos a esta dirección de correo electrónico, creaR@mundo-r.net e tentaremos solucionalas.

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.