
crea R chega a Lugo e Cambre
O proxecto educativo crea R, que percorre diversas localidades galegas, chega a Lugo o 16 de novembro e a Cambre o 23 de novembro.
Con este plan, pensado para vivilo en familia, queremos que os nosos clientes, de balde, se acheguen un anaco máis ás novas tecnoloxías.
Para iso ofrecémoslles aos nenos un plan alternativo e innovador que fomenta as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) a través de talleres de robótica. E mentres os nenos se divirten aprendendo, pais, avós, educadores…, en definitiva, os que non naceron na era dixital poderán lles dar respostas a preguntas como “cando debo comprarlle o móbil ao meu fillo?”, “cal é o límite de tempo para xogar ao computador ou á videoconsola?”.
Taller de robótica
a quen van dirixidos?: a nen@s de 7 a 12 anos.
canto duran?: 2 horas, de 11:00 a 13:00 h.
que van aprender os nenos?: aprenderán a construir, programando, unha cidade con barreiras móbiles e semáforos.
Charla de educación dixital
Dirixidas a todos os non nados na era dixital.
Ten unha duración de 2 horas, de 11:00 a 13:00 h.
Un pedagogo especializado ofrecerá trucos e consellos sobre o bo uso da internet e das redes sociais para que os nenos poidan utilizalas con seguridade, poñendo en marcha, ademais, dinámicas e casos prácticos para un maior entendemento.
Lugar e hora
- Lugo: sábado, 16 de novembro, ás 11:00 h, no Edificio de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo.
- Cambre: sábado, 23 de novembro, ás 11:00 h, na Casa da Cultura.
Lembra que son actividades gratuítas, pero o aforo é limitado, así que non tardes en apuntarte
👉 Pica aquí para apuntarte
E para calquera dúbida escríbenos a creaR@mundo-r.net.
Digitalent
R é aliado dixital do Plan de Inclusión Dixital de Galicia e colaborador do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia – Digitalent-, que desenvolve a Xunta de Galicia a través de AMTEGA e no que se inclúe crea R, programa financiado pola Fundación Euskaltel Konekta.
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.