menú
Taller de crea R en Santiago

Taller de crea R en Santiago

03/12/2019
Blog R

O proxecto educativo crea R, que percorre diversas localidades galegas, chega a Santiago o 14 de decembro, en colaboración con APD.

Con este plan, pensado para vivilo en familia, queremos que os nosos clientes, de balde, se acheguen un anaco máis ás novas tecnoloxías.

Para iso ofrecémoslles aos nenos un plan alternativo e innovador que fomenta as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) a través de talleres de robótica. E mentres os nenos se divirten aprendendo, pais, avós, educadores…, en definitiva, os que non naceron na era dixital poderán lles dar respostas a preguntas como “cando debo comprarlle o móbil ao meu fillo?”, “cal é o límite de tempo para xogar ao computador ou á videoconsola?”.

Taller de robótica

a quen van dirixidos?: a nen@s de 7 a 12 anos.
canto duran?: 2 horas, de 11:00 a 13:00 h.
que van aprender os nenos?: aprenderán a construir, programando, unha cidade con barreiras móbiles e semáforos.

Charla de educación dixital

Dirixidas a todos os non nados na era dixital.

Ten unha duración de 2 horas, de 11:00 a 13:00 h.

Un pedagogo especializado ofrecerá trucos e consellos sobre o bo uso da internet e das redes sociais para que os nenos poidan utilizalas con seguridade, poñendo en marcha, ademais, dinámicas e casos prácticos para un maior entendemento.

Lugar e hora

As actividades terán lugar o sábado, 14 de decembro, ás 11:00 h. Será na Biblioteca e Arquivo de Galicia (Salas I e II) da Cidade da Cultura (Monte Gaiás, s/n).

Lembra que son actividades gratuítas, pero o aforo é limitado, así que non tardes en apuntarte

Inscrición

Para inscribirte envíanos un correo electrónico a creaR@mundo-r.net.

Edición 2019

O taller crea R en Santiago pon o broche final a esta edición, onde dende o ano 2017 percorremos 40 localidades galegas (A Guarda, Baiona, Boiro, Bueu,…). E onde xa puideron desfrutar dos nosos talleres máis de 1.000 nenos e 400 adultos. Moitas grazas por acompañarnos e vémonos o ano que vén!

Digitalent

R é aliado dixital do Plan de Inclusión Dixital de Galicia e colaborador do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia – Digitalent-, que desenvolve a Xunta de Galicia a través de AMTEGA e no que se inclúe crea R, programa financiado pola Fundación Euskaltel Konekta.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.