menú

crea R: lugares de celebración da edición 2019

18/07/2019
Blog R

Dende R poñemos en marcha, un ano máis, o proxecto educativo crea R en diversas localidades galegas. Durante todo o ano haberá talleres e charlas didácticas pensadas para toda a familia.

Crear tecnoloxía, non só consumila

Dunha banda regresan os talleres de robótica dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, cos que se quere potenciar a creatividade nos cativos, espertar o seu espírito emprendedor e adestralos en habelencias coma o traballo en equipo ou a oratoria.

Desta volta o proxecto é a programación e construción dunha cidade: un coche con plastilina condutiva (con luz propia), un semáforo programado ou unha barreira de acceso son algunhas das cousas que poderán artellar nestes obradoiros de dúas horas de duración onde teñen cabida ata un máximo de 30 rapaces e rapazas. A través dunha experiencia divertida, os cativos son quen de coller máis seguridade en si mesmos e de lle dar saída ao seu talento. Aí están, ademais, os valores do emprendemento e o miolo dos chamados “conceptos STEAM”: ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas.

Educando no bo uso das novas tecnoloxías

E mentres os máis pequenos traballan no obradoiro de robótica nun prototipo de cidade, os maiores escoitarán consellos dun pedagogo especializado para resolver dúbidas sobre a educación dos que si naceron na era dixital; e sobre o bo uso que adolescentes e “millennials” poden facer da internet e das redes sociais.

A través de casos prácticos e dinámicas, pais, titores, avós ou educadores atoparán respostas a inquedanzas como, por exemplo, a que idade deben ter móbil os rapaces ou que límite de horas se lle debe poñer ao uso das pantallas. Tamén se falará da nova terminoloxía neste eido (cyberbulling, sexting, grooming…) e de como nos afecta a todos o cambio dixital.

Localidades

Indicámosche os lugares nos que celebraremos os talleres crea R:

  • Carballo: celebrado.
  • Vilanova de Arousa: celebrado.
  • Ourense:celebrado.
  • Technium R Encounter (Ourense): celebrado.
  • Ferrol: celebrado.
  • Viveiro: celebrado.
  • A Coruña: 10 e 11 de agosto no Mercado da Colleita
  • Pontevedra: 21 de setembro no Pont Up
  • Cambre: outubro.
  • Cangas: novembro.
  • Lugo: novembro.
  • Santiago de Compostela: decembro.
  • streaming: decembro.

Iremos actualizando cada localidade coas datas concretas de celebración. Recuerda, iso si, que o proxecto educativo crea R é gratuíto e está aberto a todo o mundo, aínda que hai un límite de prazas.

Digitalent

R é aliado dixital do Plan de Inclusión Dixital de Galicia e colaborador do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia –Digitalent-, que desenvolve a Xunta de Galicia a través de Amtega.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Amy di:

    Hola que duracion de dias suele tener el taller de robótica?

  2. Avatar María di:

    ¿Dónde hay que apuntarse para los talleres y charlas en Lugo?