menú

Chega o Pitch Day de startupsR DiCo Challenge

04/03/2019
Blog R

Este xoves, 7 de marzo, celebrarase na Cidade de Cultura, en Santiago, o chamado “Pitch Day”, un dos fitos que marcan o programa da aceleradora de contidos dixitais startups R DiCo Challenge.

Para asistir ao Pitch Day só é necesario apuntarse no correo startupsR@mundo-r.net

Android ou Big Data

Queres coñecer 20 ideas innovadoras para a contorna dixital? Escoitarás propostas para a tele e para Android e achegaraste, por exemplo, ao universo Big Data aplicado a usos moito máis próximos a ti do que pensas. Se dispós desa mañá, non o dubides, que paga a pena.

Asistentes

O Pitch Day contará coa presenza de Mar Pereira, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do director de Innovación e Desenvolvemento de Produto de R e do Grupo Euskaltel, Javier Rodríguez Gil e máis de Xosé Pereira, director de Innovación da CRTVG,

20 proxectos

O evento desenvolverase dende as 9:30 h ata as 13:30 h no Auditorio 2 da Cidade da Cultura.

Durante a xornada de “pitching” ou defensa de candidaturas, 20 proxectos preseleccionados dos 42 presentados, exporán as súas ideas para algún dos cinco retos lanzados pola aceleradora co fin de convencer, entre outras cousas, da súa utilidade e viabilidade.

Selección

Tras a xuntanza do comité avaliador (2 representantes de R, 2 da AMTEGA e máis 1 da CRTVG, patrocinadora dun dos retos), daranse a coñecer os 5 emprendedores e/ou empresas escollidos para pasar á fase de aceleración e completar ese último treito do programa de startups R DiCo Challenge para este ano.

Os elixidos terán á súa disposición cadanseu mentor e a axuda económica da AMTEGA para afrontar os gastos cotiáns durante o desenvolvemento dos proxectos.

Lembra que para asistir ao evento só é necesario enviar previamente confirmación ao correo startupsR@mundo-r.net

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.