
Contrasinal dos routers de R
De seguro que se es un usuario avanzado, máis dunha vez quixeches acceder ao teu router de R para facer unha configuración específica.
Pois ben. Neste post ímosche contar como facelo. O primero que necesitas é entrar no panel de administración do equipo.
Como entrar no panel de administración do router de R
Para iso necesitas escribir a dirección do router (normalmente 192.168.1.1 ou 192.168.0.1) e coñecer o usuario e o contrasinal de cada modelo.
Xeralmente estes datos están nunha etiqueta na base do router ou tamén os podes atopar nos seus manuais respectivos. A condición é que o equipo estea a valores de fábrica e non os cambiaras.
Lembra que o aconsellable é modificar a clave que teñen por defecto para evitar problemas de seguridade.
Usuario e contrasinal dos routers de R
Aquí che deixamos os valores por defecto dos nosos routers:
THOMSON (modelos tcw710, tcw750, twg850)
usuario: en branco
contrasinal: ADMIN
MOTOROLA (modelo sbg900)
usuario: admin
contrasinal: motorola
WEBSTAR (modelo dpr2320r2)
usuario: admin
contrasinal: W2402
HITRON (modelo bvw3653)
usuario: home
contrasinal: clientesR
CISCO (modelo epc3928)
usuario: admin
contrasinal: clientesR
ARRIS (modelo tg2492)
usuario: admin
contrasinal: clientesR ou password
TECHNICOLOR (modelo tc7230)
usuario: en branco
contrasinal: admin
TECHNICOLOR (modelo tc7210)
usuario: admin
contrasinal: clientesR
TECHNICOLOR (modelo CGA2121)
usuario: en branco
contrasinal: en branco
Agardamos que esta información che resultase de utilidade. E, coma sempre, no noso blog, no facebook de R, no twitter de R e no instagram de R estamos para o que precises.