menú
Consejos para venirte arriba este Blue Monday

Consellos para virte arriba este Blue Monday

18/01/2021
Blog R

Luns, frío, choiva, pouca luz, crise sanitaria… a tormenta perfecta para non querer erguerte da cama. Chámano Blue Monday. Podería ser o nome dun cóctel, pero non, é o día máis triste do ano. Ou iso din. En R non nos apetece nada estar de baixón, así que buscamos solucións para que pases este día tan feo de bo rollo.

Consellos para motivarte en Blue Monday::

  • Pon en Netflix “A la mierda el 2020”: Os creadores de “Black Mirror” propoñen unha retrospectiva cómica do 2020 en toda a súa tolemia e esplendor.
  • Mira unha charla TED de motivación: Nesta que che propoñemos, Victor Küppers cóntache a importancia da actitude.


    Ou este clásico para vir moi arriba cando veñen mal dadas.

  • Le e descubre como subir a túa autoestima: “El poder de confiar en ti: Aprende a tener fe en ti y conseguirás lo que quieras” de Curro Cañete está na lista de libros máis vendidos en Amazon en 2019. Virache ben se tes o ánimo baixo.
  • Escoita esa canción que che pon as pilas: “Resistiré” do Dúo Dinámico converteuse no himno do 2020, pero xa a temos un pouco gastada. Que tal o clásico de Serrat?

  • Adopta o estilo de vida Hygge ou Lagom: parecen mobles de Ikea, pero son dúas filosofías dos países nórdicos. E grazas a eles presumen de ser os máis felices do mundo. Igual non coñecen o chocolate con churros, pero algo ten que ver.
    • O Hygge danés aposta por sentirse a gusto e cómodo na casa con plans sinxelos. Ver Netflix ou Amazon Prime Video na túa televisión R cunha mantiña e unha cunca quente gozando dese momento de tranquilidade, é hygge, por exemplo.
    • O Lagom vén sendo algo así como vivir con pouco. Esta filosofía baséase na moderación e o equilibrio.
  • Fai exercicio: libera endorfinas, as hormonas da felicidade. Así que, se sentes que o Blue Monday está a apoderarse de ti, pon as mallas e fai algo de deporte en casa. Aquí tes algunhas plataformas para facer exercicio online.
  • Abraza unha árbore: se din que funciona para reconfortar, haberá que probalo. E agora que non se pode abrazar persoas, pois outra opción 😉.

Que me dis agora do Blue Monday? Ánimo coa semana!!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.