menú
Consejos para evitar sorpresas en las rebajas

Consellos para evitar sorpresas nas rebaixas

09/01/2020
Blog R

Pisándolles os talóns aos Reis Magos estaban as rebaixas esperando a súa quenda. Si, os descontos xa chegaron e con eles o momento para conseguir algún choio que che faga máis levadía a costa de xaneiro. Pero antes de lanzarte a comprar ás toas, recomendámosche que leas estes consellos da OCU para que non che dean gato por lebre.

Ten sempre en conta:

  1. Os artigos deben estar polo menos un mes na oferta habitual.
  2. A rebaixa terase que mostrar de forma clara xunto ao prezo orixinal.
  3. A calidade dos produtos debe ser a mesma que antes dos saldos.
  4. A garantía e o servizo postvenda terá que manterse como habitualmente.
  5. Se as condicións no método de pago ou devolucións se modifican, cómpre que se indiquen expresamente.
  6. Garda o recibo de compra: necesitaralo para cambiar, devolver ou reclamar algo.
  7. Aínda que o produto estea en perfecto estado, o establecemento non ten por que cambiarcho ou reembolsarche o diñeiro. En xeral adoitan cambialo por outro artigo ou por un vale.
  8. En venda electrónica dispós de 14 días naturais para devolver a túa compra se ao final decides non quedar con ela.
  9. Compara sempre os prezos entre diferentes tendas para ver quen ten a mellor oferta.
  10. Evita as compras compulsivas, pensa no que realmente necesitas antes de ir de tendas.

Nós tamén queremos axudarche coa costa de xaneiro baixando os prezos dos Samsung Galaxy A40 e S10.
Samsung Galaxy A40 y S10
Estabas a esperar a 2020 para cambiar de móbil? Seguro que este Nadal décheslle moito uso e queres cambialo por un novo “do paquete” pero sen que che doa o peto. Temos o que buscas:

Estrea móbil este xaneiro en R!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.