menú
Consellos para facer a túa compra online de forma segura

Consellos para facer a túa compra online de forma segura

20/03/2020
Blog R

Ao principio non nos fiabamos moito e comprabamos por internet só tres ou catro cousas: billetes de avión, algún libro difícil de conseguir ou roupa. Agora as compras online convertéronse nun método habitual, mesmo para facernos co papel hixiénico que tan viral volveu estes días. Para que poidas comprar por internet de forma segura e con total tranquilidade, dámosche algúns consellos útiles que cómpre teñas en conta. Se queres máis información, aquí deixámosche unha guía súper completa.

Consellos para comprar online

  • Instala un antivirus e dálle a analizar o teu dispositivo. Aquí tes algunhas ferramentas antivirus gratuítas.
  • Mantén sempre actualizado o software do teu ordenador ou o sistema operativo do teu móbil.
  • Evita facer compras cando estás conectado a unha rede wifi pública ou non segura.
  • Confía só en páxinas oficiais e con URL https, a versión segura do “http” de toda a vida. Identificaralo na barra do teu navegador polo cadeadiño que ten xusto antes.
  • Verifica se é unha tenda online fiable: mira que din dela en Google, redes sociais e foros; revisa se ves os datos reais da empresa e textos legais; desconfía se o deseño da web non ten boa calidade (parece feito con Paint) ou presenta algún erro de redacción; non te fíes se ofrecen varias formas de pago e realmente só aceptan tarxeta de crédito.
  • Busca o selo de confianza: non é obrigatorio que as empresas o teñan, pero ofrece maiores niveis de seguridade e calidade.
  • Descarga no teu móbil apps só dende os sitios oficiais e revisa os permisos de acceso ao teu dispositivo que che solicita.
  • Non está de máis que te informes sobre a política de envío e devolución, en caso de ser necesario, para asegurarte de que o produto chega sen problemas.

Consellos para facer a túa compra online de forma segura

Formas de pagamento

Chegaches ao último paso do proceso de compra e a máis importante, o momento de pagar. Dependendo de cada tenda, estas son as modalidades de pago que podes elixir:

  • Tarxeta:
    • tarxeta prepago só para usar en compras online. Pódela solicitar no teu banco habitual e meterlle o diñeiro que necesites para facer unha compra determinada.
    • tarxeta de crédito, mellor que de débito, xa que coas primeiras detéctase máis rapidamente un uso fraudulento.
  • PayPal: é unha plataforma de pagamentos online que non comparte os teus datos bancarios cos vendedores. Só debes introducir a información da túa conta bancaria ou a túa tarxeta unha vez ao crearche unha conta. Cando vaias realizar un pagamento, só tes que lembrar o teu correo electrónico e o teu contrasinal.
  • Google Pay e Apple Pay: funcionan de forma similar á anterior. Podes comprar en aplicacións e sitios web dende o teu PC ou móbil nalgunhas tendas e apps de Google, así como de Apple.
  • Transferencia bancaria: algunhas páxinas danche a opción de realizar o pagamento a través dunha transferencia. Faino só se confías no vendedor.
  • Contra reembolso: pagas en efectivo cando recibes o paquete. Non esquezas comprobar que o pedido que recibiches está en bo estado.

E ti, que trucos usas para facer as túas compras online de forma segura?

E non esquezas estes días facer un uso racional e responsable dos servizos de telecomunicacións mentres dure o estado de alarma a causa do COVID-19. Aquí tes algunhas recomendacións que o Grupo Euskaltel preparou de forma conxunta con Movistar, Orange, Vodafone e Grupo Másmóvil.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Angel di:

    Información importante y acertada a tener en cuenta en las compras en internet