menú
El compromiso de R con los equipos gallegos Genuine

O compromiso de R cos equipos galegos Genuine

10/03/2021
Blog R

Unha tempada máis, R é Genuine. E é que patrocinamos ao Deportivo Genuine e ao Celta Integra. Esta competición, organizada por LaLiga, dispútase entre equipos formados por xogador@s do colectivo DI (persoas con Discapacidade Intelectual).

En R sentímonos moi orgullosos de patrocinar os dous equipos Genuine: porque apostamos pola integración social e a deportividade, e por todo o que significa esta competición para os equipos e as súas familias.

Ademais, grazas á conectividade de R, os mozos e mozas de ambos os dous equipos celebran actividades de grupo a través de encontros e talleres virtuais para respectar a distancia social. Nestas dinámicas, o equipo valora a situación para os próximos meses nos que se espera se poida retomar a actividade física e recuperar o estado de forma individual e as tarefas do conxunto en función da evolución sanitaria.

Algo máis que fútbol, LaLiga Genuine

Despois de tres tempadas rodando o balón, LaLiga Genuine deunos a todos unha lección. Aquí non se puntúan só os goles, senón tamén o comportamento e accións de deportividade e xogo limpo de xogadores, adestradores e afeccións.

Precisamente son os/as xogadores/as, coa súa capacidade de superación, os que nos ensinan a nós. Con estas palabras destacábao Isidro Fernández de la Calle, director corporativo Empresas de R: “Estamos convencidos de que todos/as eles/as poden aprendernos a nós unha morea de cousas e ofrecernos a cara máis amable e enriquecedora do deporte, a que prima a deportividade por enriba da loita, e o feito de compartir antes que o de competir. Aplaudimos esta fermosa iniciativa de LaLiga e estamos contentísimos de formar parte dela co noso R”.

Un detalle máis, o campionato xógase na modalidade de Fútbol 8, é dicir, partidos de 4 partes de 10 minutos cada unha. E a tempada divídese en 4 fases que se desenvolven en diferentes sedes.

Deportivo Genuine

O Dépor de LaLiga Genuine

Nestes momentos tan complicados, o apoio de R significa moito para o Dépor, como manifestou durante a presentación do equipo o Presidente do club coruñés, Antonio Couceiro: “Nun ano no que, por mor da situación sanitaria, os adestramentos e partidos do equipo estarán limitados, e polo tanto a exposición de marca tamén, R amosa con esta renovación que o seu apoio non é de imaxe senón ao corazón mesmo do proxecto, para permitir que o Dépor Genuine siga existindo e axudar ao desenvolvemento persoal e á integración social das nosas xogadoras e xogadores”.

Celta Integra

Fundación Celta Integra

O obxectivo do Celta Integra é non ser só un equipo de fútbol, senón conseguir unha mellora individual a nivel social e persoal, ser máis responsables e independentes.

Unha meta á que nos sumamos dende R, acompañando un ano máis ao conxunto Fundación Celta Integra, para contribuír na mellora de vida dos/as habitantes de Galicia a todos os niveis.

Valores que puxo de relevo Germán Arteta, director da Fundación Celta de Vigo, durante a presentación do equipo para esta tempada: “O crecemento do Fundación Celta Integra é exponencial dende os seus inicios. A evolución das persoas que o compoñen móstrase a través de moitos valores que nos fan sentirnos orgullosos delas como a inclusión, a sociabilidade, a autoconfianza, a puntualidade ou a amizade; valores que están cada vez máis presentes e normalizan as súas vidas. Dende a Fundación Celta temos un compromiso coa sociedade e podemos dicir que esta é a actividade da que nos sentimos máis orgullosos. Sen empresas colaboradoras como R alcanzar eses obxectivos non sería posible. Agradezo en nome da Fundación Celta e do seu Padroado o grande respaldo mostrado, que lles permitirá seguir crecendo como persoas e deportistas aos nosos mozos e mozas dentro dunha sociedade cada vez máis sensible, solidaria e integradora”.

Dende aquí desexámosvos moitos éxitos este ano. Sorte, rapaces!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.