menú
Cómo compartir internet convirtiendo tu móvil en punto wifi

Como compartir internet convertendo o teu móbil en punto wifi

09/04/2020
Blog R

Deixa de “pelexar” polo mando da tele estes días de #EuQuedoNaCasa. Con tv comigo podes ver a televisión de R no teu ordenador, no teu móbil ou tablet. E que fago se a miña tablet non ten SIM? Moi fácil, podes converter o teu móbil nun punto de acceso wifi.

Aproveita os datos do teu smartphone para convertelo nun punto de acceso wifi, unha práctica que se coñece como «Tethering». Noutras palabras, navega na túa tablet coma se tiveses wifi grazas aos datos do teu teléfono.

É moi fácil! Sexa cal for o teu móbil explicámosche como facelo paso a paso nos seguintes pantallazos, pero lembra facer un uso moderado para que non se che acaben os datos.

Para compartir internet dende o teu móbil podes elixir entre facelo por bluetooth, por medio de USB ou por wifi. Nós ímonos centrar nesta última opción.

Compartir datos dende Android

Se o teu dispositivo é Android vai aos axustes do teu teléfono e abre o botón de conexións. Alí atoparás a opción «Zona Wifi portátil» ou directamente o botón «Tethering», dependendo do modelo.

Unha vez activado, atoparás debaixo o nome da túa rede, que che permitirá identificala para introducir o contrasinal.

Cómo compartir internet convirtiendo tu móvil en punto wifi Android

Compartir datos dende iOS

Se dispós dun iPhone, terás que pulsar a icona de «Punto de acceso persoal» e activar a opción «Permitir a outros conectarse».
Cómo compartir internet convirtiendo tu móvil en punto wifi iOS

Xusto debaixo verás os datos xerais do teu dispositivo, un nome asignado ao teu móbil e xusto debaixo un contrasinal.
Cómo compartir internet convirtiendo tu móvil en punto wifi iOS
Estes son os dous datos que necesitas para conectarte á rede wifi do teu móbil dende outro dispositivo: selecciona o nome asignado á rede do teu móbil e introduce o teu contrasinal. Automaticamente estarás conectado a internet.

Con todo, e aínda que esta sexa unha solución que che pode sacar dun apuro, sempre vén ben ter presente que a práctica do «Tethering» fai que tanto a batería do teu teléfono móbil como os datos do teu plan se consuman moito máis rapidamente.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

13 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar MARIA BEGONA DEZA DIEGUEZ di:

    Me gustaria saber como puedo aumentar los datos de mi telefono.
    Gracias

  2. Avatar Alberto di:

    Felicidades
    Vais como el gobierno, tarde, mal y arrastro y con 15000 muertos.
    Ahora, por fin, recomendamos usar los datos del móvil y no tirar de internet, para así tener por lo menos 5Mbps.
    Lo dicho. Felicidades prodigios.

  3. Avatar Jim di:

    Es posible hoy 10 de abril , contactar con alguien del servicio técnico, me pregunto, llevo 2 días llamando para dar de alta una línea , y es imposible

  4. Avatar Teresa di:

    Estou na aldea,e non teñoo WiFi,iba a poñelo e veu o coronavirus.
    Cómo podo conseguí r mais datos.

  5. Avatar Esther di:

    Quería contratar wfi para segunda residencia

  6. Avatar María Isabel Mouzo di:

    No meu punto de acceso persoal aparece unha mensaxe dicindo que para configuralo teño que falar con Orange

    • blog R blog R di:

      Ola, María Isabel.

      Para poder configuralo tes que engadir manualmente o APN para tethering seguindo estes pasos:

      1. Ir a Axustes – Datos móbiles – Opcións – Voz e datos – seleccionar 3 G

      2. Na mesma pantalla (Axustes – Datos móbiles – Opcións) entrar en “rede de datos móvies” e poñer en punto de acceso ” wifiinternet.mundo- r. com” (excepto IOS 11, que é “internet.mundo- r. com”)

      3. Con iso, xa se configura e aparecerá dentro de “axustes” a opción “compartir internet”.

      4. Por último, o cliente pode volver activar 4 G en Axustes – Datos móbiles – Opcións – Voz e datos.

      Un saúdo.

  7. Avatar Carmen di:

    Necesitamos más datos, otras compañías están ofreciendo tarxetas con 1 linea de móvil con llamadas y datos ilimitados por 26 euros, porque R no hace lo mismo? Para los lugares donde no hay cable ni fibra?
    Gracias