menú
Cómo vivió un grupo de estudiantes ser tecnólog@ por un día en R

Como viviu un grupo de estudantes ser tecnólog@ por un día en R

30/05/2022
Blog R

Se de pequeno che deixaran ver como se traballaba nesta ou aquela profesión, igual facías unha idea máis clara do que querías ser de maior. Aínda que non sempre é doado 😉. Pois iso é o que fixemos en R, abrimos de par a par as portas da nosa casa para que un grupo de estudantes visen como traballamos aquí. Como crees que foi a experiencia? Segue lendo.

 

Espertador para ir á oficina

Os cinco rapaces de 15 a 17 anos que nos visitaron, ese día non tiveron que por o espertador para ir ao cole e ao insti. Fixérono para ir á oficina, ás de R.

E é que non tocaba clase de Lingua nin de Mates, esa xornada as leccións ían ser de tecnoloxía 😉.

E como sabiamos que ían estar algo nerviosos, os nosos compis acolléronos como uno máis do equipo.

Visita a las instalaciones del Centro Principal de Operaciones de R

Visita ás instalacións do Centro Principal de Operacións de R

Cando estes mozos naceron, nós xa tiñamos uns cuantos anos de vida. Por iso, quixemos contarlles como empezou R.

Antes de empezar a xornada, os rapaces puideron ver a “cacharrería” que temos despregada nas nosas instalacións do polígono coruñés de Agrela.

E descubriron in situ como facemos para levar aos fogares, ás súas propias casas, a nosa fibra óptica coa que poden ver Netflix, xogar en streaming e estudar, por suposto 😉.

Durante a comida que compartimos con eles, contáronnos que lles parecía. E tamén como nos vían antes de ver por dentro como é o noso día a día. A súa idea previa era o dunha empresa de comunicacións, sen máis. Pero agora levan a impresión de que somos unha empresa innovadora.

E non só iso, tamén “agradable e moderna”, dicíannos 😊.

 

Consellos para converterse en telecos

Despois do recreo 😉, e xa nas oficinas de R no centro da Coruña, os nosos compañeiros mostráronlles en vivo e en directo cales son as competencias tecnolóxicas que eles necesitaron para poder traballar como tecnólogos e as habilidades que se requiren no mercado laboral actual.

Un mercado que lles atrae, como nos comentaban, “porque as tecnoloxías son o futuro”.

Non sabemos se finalmente se dedicarán a isto, pero dende logo agora teñen unha imaxe real de como se traballa nunha empresa de telecomunicacións, e esperamos que isto lles axude a responder a pregunta: Que queres ser de maior?

Consejos para convertirse en telecos

Balance da xornada e moitas anécdotas na mochila

Para nós foi un gusto enorme pasar a xornada con este grupo de estudantes, non só porque é unha experiencia enriquecedora para todos, se non, porque nos dá perspectiva de como nos ven dende fóra os máis novos. E iso para nós é unha gran lección.

E eles levaron a mochila cargada de experiencias, porque puideron estar, man a man, con profesionais que traballan cada día en R.😉 Ah, claro!, tamén levan unha chea de anécdotas, que seguro lles contaron aos seus compañeiros/as nada máis chegar ao cole.

Porque, como nos dixeron antes de irse, recomendarían esta experiencia de converterse en Tecnólog@ por un día (que impulsa a AMTEGA) aos seus amigos e amigas: “porque che dá visión”.

Esperamos tervos transmitido a nosa paixón coa que facemos as cousas e que nos volvades a visitar, porque esta é a vosa casa.

Ata a próxima!!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.