menú
¿Cómo identificar las fake y false news?

Como identificar as fake e false news?

13/04/2020
Blog R

Vivimos expostos a bulos constantes, noticias falsas, vídeos e imaxes manipulados. Contido viral que compartes nas túas redes sociais sen decatarte de que é un fake. E máis nestes días nos que estás saturado de información. Non todo o que ves e oes é verdade, por iso ímosche a axudar a identificar as fake e false news cuns cantos trucos.

Fake e false news

Antes de darche algunhas recomendacións para que non che dean gato por lebre, debes saber que é isto das fake e false news.

Compártense millóns de vídeos e fotos en redes sociais, moitas delas retocadas con Photoshop ou algún filtro que non fai dano a ninguén. Si o fan os deepfakes, para entendernos, falsificacións profundas, vídeos que distorsionan a realidade, realizados con ferramentas de Intelixencia Artificial e técnicas de Deep learning. Paradoxalmente esas mesmas ferramentas utilízanse para identificar as fake news.

O que fan, en resumo, é crear falsificacións profundas de persoas grazas á intelixencia artificial e a aprendizaxe automática. Nestes vídeos combínanse, substitúense ou superpóñense contidos para que pareza auténtico. E así xa está feita a trampa.

Os xigantes tecnolóxicos queren destapar e acabar con estas prácticas: Facebook, Google, Microsoft, Instagram… traballan para identificar usuarios falsos, contas trolls, bots ou contas automatizadas que simulan ser persoas. Ademais teñen un exército de revisores e verificadores independentes, entre eles a española Maldita.es. Se che interesa o tema, podes ler máis aquí.

¿Cómo identificar las fake y false news?

Consellos para que ti mesmo detectes contido falso

Ti tamén podes detectar as fake news. O primeiro, aplicar o sentido común. Hai cousas que, por inverosímis, non as tragas nin de broma. Tanto se es bo detective coma se non, segue estes trucos:

  • Ollo coas fotos: se algo te cheira mal, busca a foto en Google para verificar de onde procede, cal é a súa autoría e data de publicación.
  • Revisa a URL: ás veces a URL dunha noticia pode darnos a pista. Moitas imitan a URL de páxinas auténticas e fiables. Podes comparalas dende a barra do teu navegador.
  • Desconfía dos titulares capciosos: adoitan levar frases impactantes e con moitas exclamacións. Se che soa moi estrambótico, probablemente sexa falso.
  • Verifica as fontes: se a noticia ou imaxe víchela nunha páxina ou conta que descoñeces ou non che soa, se non achegan probas ou mencionan a expertos sen dar o seu nome, busca máis información para asegurarte de que provén dunha fonte fiable.
  • Atopa o gazapo: as faltas de ortografía, unha redacción pobre ou sen sentido, un deseño demasiado cutre… poden darte pistas de ser fake.
  • Mantén sempre unha actitude crítica: filtra o que les antes de compartir desmedidamente. Podes ser manipulado sen decatarte.
  • Denúnciao na plataforma: se despois de aplicar as recomendacións anteriores, cres que estás ante unha fake new, denúnciao. Nas opcións dunha publicación, atoparás case sempre o botón de denunciar. Así poderás poñerlle freo á propagación de rumores e bulos.

Esperamos que, con estas recomendacións, non caias na trampa das fake news. E se queres axudar a outros a identificar contido falso, comparte este artigo nas túas redes sociais.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

7 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar pilar carnota fraga di:

    He recibido un correo anunciándome una descuento en la factura debido a un error en la facturación. Por desgracia lo he abierto. ¿Es correcto?
    Por cierto, seguimos sin recibir información sobre las facturas correspondientes a los meses de febrero y marzo.

  2. Avatar mary foley di:

    Cómo identificar el fake news? Y cuándo llamas a R a 1449 y la voz te dice que puedes contactar con R através del chat en la página web y cuando entras la página dice que el chat no es disponible. ¡Y R es una empresa de comunicaciones!
    ¡Qué risa! Tengo un problema en casa:
    Por el coronavirus (os lo comento porque seguro que va ser lo primero que me contáis) todas las clases las tengo que hacer online y eso significa que aparte de las clases tenemos que hacer extra evaluaciones porque hay que asegurarse que los chicos están haciendo su trabajo y una colega por problemas de conexión, no puede hacer su trabajo así que los demás tenemos que hacer sus clases y aparte de eso tengo 2 hijos en el piso de 50m2 que no pueden salir a jugar y se aburren muchísimo y por todos estos razones necesito que funcione la televisión. Sé que tenéis mucho trabajo pero por favor necesito ayuda.
    Gracias

  3. Avatar Manuel di:

    Maldita.es independientes… sera una broma.