menú
Cómo crear una contraseña segura en Internet

Como crear un contrasinal seguro en internet

05/05/2022
Blog R

Vivimos na era dixital e os contrasinais son o pan noso de cada día. Dende o correo electrónico, pasando polas contas do banco ou as redes sociais: todo necesita unha clave concreta. Sen un bo contrasinal nas túas contas de internet poden quedar ao descuberto datos de carácter persoal moi sensibles, como a túa tarxeta de crédito. Por non mencionar que van controlar os teus perfís sociais ou o teu correo electrónico. Por esa razón precisas contrasinais seguros.

As recomendacións para dar co mellor son moitas e moi variadas. Así que recompilamos os consellos para protexer as túas claves e saibas onde gardalas.

Pónllelo difícil aos hackers que tenten romper a túa privacidade.

 

Como crear un contrasinal seguro

Para lograr que os teus contrasinais sexan o máis seguros posible non podes caer no obvio. Os contrasinais máis habituais son os peores.

Seica hai anos usabamos, por comodidade,123456, pero hoxe, coa información que temos, sería como pegarse un tiro nun pé.

Nada do día do teu aniversario, o nome do teu fillo ou parella sen máis. Pepe1975 non vale.

Debes buscar algo que poidas lembrar pero que os hackers non logren descifrar. Empezamos polo principio e recompilamos o máis básico. Un contrasinal bo e seguro debería:

  • Ter cantos máis caracteres mellor. E para que sexa o máis longo posible, non baixes de oito caracteres.
  • Combinar letras e números, mellor se son aleatorios.
  • Alternar letras minúsculas e maiúsculas.
  • Incorporar algún carácter especial, por exemplo, interrogacións (?) ou porcentaxes (%).

 

Os contrasinais modulares, os máis seguros

Outra recomendación dos expertos: debería ser modular. Que é un contrasinal modular? Pois un que estea composto de varias partes diferenciadas e con nexos concretos. Por exemplo, podes utilizar varias palabras que lembres facilmente separadas por caracteres especiais, como:

  • Nº de tíos que tes%día do teu aniversario&Primeira mascota que tiveches: 4%01011991&Copito
  • Nome do teu gato-DNI-A túa idade: Marley-33333333-32
  • Alcume*Nome can*Número de coches na túa vida: Peludín*Marley*3

Tenta que non sempre sexa o mesmo tipo de palabra para todos os contrasinais. Unha forma máis fácil de lembralos todos sería cambiar a orde ou o carácter que os une en cada contrasinal.

Con esta forma modular o que logras é que as claves elixidas sexan fáciles de lembrar e que, ao unir varias partes ou palabras, se lembren mellor ca unha soa palabra inventada sen sentido nin lóxica.

Las contraseñas modulares, las más seguras

Combinar palabras e números no teu contrasinal

Outra boa idea para xerar un contrasinal seguro, como che indicamos arriba, é a de ir  intercalando números e letras.

Xeralmente pensamos en datas ou números específicos: unha data especial, o noso DNI, a data de nacemento… Pero hai outra forma de que poñas números. Trátase de cambiar as vogais por números. En xeral, o que se fai é cambiar a vogal por un número que, a nivel visual, se lle parece. Poñémosche a equivalencia:

  • A = 4
  • E = 3
  • I = 1
  • O = 0

Desta forma, se queres poñer un contrasinal que sexa Nome da túa tartaruga*anos que levas casado, poderías poñer:

Matilde*12

Ou ben

M4t1ld3*12

 

Páxinas que comproban se o contrasinal é seguro

Unha vez que tes o teu contrasinal, como saber se é realmente seguro?

Hai moitas webs ou ferramentas que o analizan por ti. Kaspersky é unha delas. Introduces o teu contrasinal e diche se o seu nivel de seguridade é alto ou non e como podes melloralo.

Ciberprotector é outra opción, cun sistema parecido a Kaspersky: metes o contrasinal que creaches e indícache se é seguro ou non.

No caso de que non sexa seguro, xa sabes, toca darlle a cabeza e crear outro contrasinal máis longo ou que teña máis números e letras ou caracteres especiais.

Dónde guardar y gestionar mis contraseñas seguras

Onde gardar e xestionar os meus contrasinais seguros

Para que non teñas que lembrar decenas de contrasinais que utilizas para cada app, o recomendable é utilizar un xestor ou administrador de contrasinais.

Son programas de cómputo que almacenan todas as túas claves e datos de forma cifrada mediante unha única clave (algo así como o contrasinal mestre ou master password), para que só teñas que lembrar un contrasinal que che dará acceso aos demais.

Hai moitos xestores de contrasinais: NordPass, LastPass

E ti utilizas xestores de contrasinais ou es dos que ten claves diferentes para cada aplicación?

Ante todo, é fundamental pensar na seguridade das túas comunicacións e seguir o maior número de recomendacións posibles sen caer nos tópicos… non serás dos que ten a data de aniversarios ou o nome do teu can como clave? Nestes temas tes que estar seguriño, seguriño…

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.