
Como configurar o desvío de chamadas do teu teléfono fixo R
Se non vas estar na casa e non queres perder ningunha chamada que che fagan ao fixo, activa o desvío de chamadas a través de app gratuíta de cliente de R para móbiles Android ou iOS ou dende a Área Cliente da web. É súper fácil, explicámosche como facelo en moi poucos pasos.
Desvío de chamadas desde a app de cliente
Configura o desvío de chamadas do teu fixo de casa comodamente, esteas onde esteas, dende o móbil.
Entra na app de cliente de R para móbiles Android e iOS. Selecciona “Teléfono” nos teus servizos de cliente. A continuación, pulsa o botón “Configurar teléfono” e despois “Configurar desvíos do teléfono fixo” e selecciona a túa liña de casa.
Aparecerache o despregable “mostrar desvíos” onde poderás elixir a opción que che interesa
- desviar todas as chamadas: se queres desviar todas as chamadas que recibas no teu teléfono fixo en calquera circunstancia. Se elixes esta opción, o teléfono non recibirá nunca ningunha chamada; podes desactivar o desvío no terminal con #21#
- desvío se comunicas: desviarás as chamadas cando esteas a usar o teléfono con outra chamada
- desvío se non contestas: o desvío producirase cando soa o teléfono, pero non contestas á chamada nun tempo determinado
Selecciona se queres facer o desvío ao contestador ou ao número de teléfono fixo ou móbil que debes indicar xusto debaixo.
Dálle a modificar e recibirás nuns segundiños de nada a confirmación de que o desvío se realizou correctamente.
Desvío de chamadas dende a Área Cliente da web
Tamén podes configurar os desvíos de chamadas dende a Área Cliente da web.
Para facelo segue estes pasos:
- Accede á área cliente
- Selecciona “Teléfono”
- Pulsa en “Configurar desvíos do teléfono fixo”
- Selecciona o teléfono fixo que queres modificar
- Elixe a opción de desvío que queres realizar
Podes desviar todas as chamadas recibidas, só se comunicas ou se non contestas nun tempo determinado. Debes indicar o número fixo ou móbil ao que queres desviar as chamadas de casa ou ao contestador.
Nun momento (20-30 segundos) recibirás unha mensaxe de confirmación.
Lembra que a activación do servizo é gratuíta pero a súa utilización conleva gastos. As chamadas que desvíes a outro número cóbranse como chamadas realizadas dende a túa liña; os desvíos ao contestador son gratuítos.
Como ves, o proceso é sinxelo e rápido porque sabemos que o teu tempo é moi valioso. Iso si, se tes calquera dúbida, deixa a túa mensaxe en comentarios e axudámoste.
6 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Ola, se desvío as chamadas do fixo a un móbil da mesma conta e dado que teño minutos para chamar a móbiles gratis por ter factura electrónica ¿podería gastar deses minutos e non pagaría as chamadas desviadas mentres non se esgotasen?
Grazas e un saúdo
Ola. Pepe.
Os minutos que dispós por ter a factura electrónica activa non inclúen os desvíos.
Un saúdo.
¿Se temos unha tarifa plana de chamadas dende o fixo, tamén cobrades os desvíos?
Ola, Carlos.
Si, os desvíos teñen custo, xa que non están incluidos na tarifa plana de servizos de particulares.
Un saúdo.
¿En qué pagina del tarifario vigente se especifica “claramente” que los desvios se cobran?
Hola, Ginés.
Al entrar en la web de clientes/app para hacer el desvío, tienes un aviso de que las llamadas desviadas a otro número se cobran como llamadas realizadas a tu línea, tal como lo especificamos en el hilo.
Por lo que la tarifa que se aplica es según una llamada a fijo o móvil según a lo que hagas el desvío.
Un saludo.