menú
aviso fraude

Nova campaña de chamadas falsas en nome de R

11/04/2018
Blog R

Ola. Hai unhas semanas comentabámosche que varios clientes nos avisaran de que recibiran chamadas sospeitosas en nome de R. Despois de revisalo, vimos que, efectivamente, eran chamadas fraudulentas facéndose pasar por nós.

Desta vez queremos avisar doutra nova campaña masiva, tamén chamando de forma fraudulenta. Os clientes indícannos que reciben chamadas dende o número 91038****.

Este xa debería ser un primeiro aviso, porque se trata dun número de Madrid. Como sempre indicamos, en R ofrecemos o servizo dende aquí, en Galicia. En caso de dúbida, sempre se pode pedir á persoa que chama que nos atenda en galego.

O que buscan estas chamadas é enganar aos clientes. Indican que chaman dende o departamento de facturación de R, ofrecen información falsa e tratan de xerar malestar no usuario para que se cambie a outro operador.

De feito, tras dar esta información falsa, buscan facerse cos datos do cliente. Saben a que número chaman, pero non quen é o titular do servizo ou os servizos do contrato. Polo que preguntan polo enderezo, o DNI e incluso a conta bancaria.

Lembra que en R nunca che pediremos a túa conta bancaria. Como moito, para confirmar que es o titular do servizo, solicitamos os seis últimos díxitos.

Por último, simplemente para que o teñas claro:

  • en R sempre chamamos dende Galicia.
  • se recibes unha chamada e che parece estraña, sé precavido. Chámanos directamente ao noso teléfono gratuíto, o 1449/1446 e confirma que te chamamos nós.
  • en R temos os teus datos de facturación, polo que nunca che imos pedir completo o teu código de conta cliente.

Agardamos terche aclarado este tema e aproveitamos para dar as grazas aos clientes por avisarnos deste tipo de chamadas.

Un saúdo!

 

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

 

Fotografía de Rob Walsh.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

  1. DAVID G. di:

    Muchas gracias por la información. La cuestión acerca de este tema, es que se debería denunciar una vez recibida la llamada. Supongo que a partir del 25 de mayo, con la entrada de la nueva ley de protección de datos será un poco mas factible ir a por esta gente. Un saludo.