menú
campus nadal basquet coruña 2018

Temos 15 prazas para o Campus Baloncesto Nadal do Básquet Coruña

04/12/2018
Blog R

Xa logo chega o Nadal e, con el, o Campus Baloncesto Nadal do Básquet Coruña. Entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro terá lugar o campamento de baloncesto do equipo coruñés.

É unha oportunidade única para aprender cos mellores, recibirán consellos dos xogadores e equipo técnico e poderán sentirse coma un xogador profesional!

Que farán

O horario do campamento é de 9:30 a 14:00 horas. Así que haberá tempo a esgalla para aprender moito e para pasalo moi ben! Se che gusta o que les, apúntate neste formulario.

Os adestramentos divídense nunha primeira parte técnica, seguida dunha merendola e despois xogaremos e descubriremos o divertido que é o baloncesto.

Con tanto adestrar, os pequerrechos ben se merecen unha recompensa por todo esforzo. Así que os xogadores do equipo principal farán algunha que outra visita polo campamento!

Dúas quendas e distintos niveis

Os campamentos están pensados para nenas/os de 4 a 16 anos e serán repartidos en distintos niveis, segundo a idade e destreza.

Como o Nadal son datas complicadas coas vacacións dos peques, podes escoller entre as dúas quendas que ofertan:

  • Do 26 ao 28 de decembro de 2018
  • Do 2 ao 4 de xaneiro de 2019

Para conseguir unha praza apúntate neste formulario.

Como participar

Temos 15 prazas para estes campamentos. Para facerte cunha, só tes que apuntarte neste formulario e responder de forma orixinal á pregunta que facemos.

Tes ata o xoves 13 de decembro para participar. Se resultaches gañador recibirás un correo cun formulario de formalización de matrícula.

Estas son as bases legais. Moita sorte!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. susana di:

    No meu caso quedei enamorada de este deporte por meu irman que era entrenador, levavame 10 años pero siempre me llevaba con el a os partidos, enfermou e faleceu fai 4 años, intento que os meus fillos continúen con este deporte xa que me parece un deporte moi noble, no que se fomenta o compañerismo sobre todo en idades tempranas,algo que e moi importante para o desenvolvemento dos rapaces e rapazas

  2. Urbano di:

    Meu sobriño chegou fai tres anos de Etiopia,con 9 anos. Meu fillo e o baloncesto foron o apoio para unha mellor integración e para facer amigos

  3. Antonio di:

    Bos días, sí xa se apuntou nunha quenda, pódese apuntar na outra ???

    • blog R blog R di:

      Ola, Antonio.

      As 15 entradas que sorteamos son para 15 clientes diferentes. Unha vez que nos poñamos en contacto cos gañadores xa se establece a quenda que solicitou no formulario.

      Como se indica nas condicións ”poderás escoller entre as dúas quendas” que ofrece o Club, polo que un gañador no pode asisitir a dúas quendas.

      Así tamén se cumpre outra das condicións da promoción: “Esta promoción se organiza con la pretensión de incentivar y fomentar la participación de todos los consumidores, premiando la fidelidad en condiciones de igualdad y con estricto respeto al principio general de la buena fe”.

      Se un gañador leva dúas entradas (cada unha para unha quenda diferente) os demais gañadores non están en igualdade. E o resto de participantes tampouco.

      Un saúdo.